miércoles, 17 de noviembre de 2010
O verso e a prosa - Apuntes de literatura
A verba PROSA derívase do latín prorsus que quere dicir "que anda en línea recta". O VERSO faino en versus; volto.
Na prosa interesa "andar" cara a adiante, o verso obríganos a "volver", a desandar o camiño.
O verso é cada unha das liñas, por iso non podemos dicir "recitar un verso", sería unha soa liña.
Non todo o que está escrito en verso é poético, debe ter a virtude de conmovernos, de producir gozo, deleite ou emoción.
Exemplo: Dúas seguidillas, unha de Torres Villaroel (s. XVIII)
Anda la muerte lista
con su guadaña
aquí corta, allí trincha
y acá rebaña
Que es tan ceñuda
que ni cetros respeta
ni caperuzas.
A segunda de Manuel Machado (S. XX)
Todas las primaveras
tiene Sevilla
una nueva tonada
de seguidillas.
Nuevos claveles
y niñas que por mayo
se hacen mujeres.
A de Torres Villaroel é seca, triste e sen encanto, a de Manuel Machado comunica alegría luminosidade e especial atractivo.
RITMO (Xa tratado no poeta como un pequeno Deus), é a repetición periódica dun determinado fenómeno; cando imos no tren que unido das rodas aparece, ás veces, cortado por un golpe seco (ritmo) ao tomar o pulso percíbese un golpe de sangue periodicamente; tamén as estacións do ano se suceden ritmicamente.
No verso, la verba debe someterse a ritmo, en cambio na prosa desenvólvese libremente.
Exemplo: No poema de Calderón de la Barca
Cristal brotaron las fuentes
para que beban las almas
y tus cabellos son palmas
nacidas a sus corrientes.
Vemos que todos os versos son de 8 sílabas, acentúanse na penúltima e facemos unha pausa ao final de cada liña e os versos 1º e 4º teñen a mesma terminación (entes) isto fai que o poema teña ritmo.
En grego e latín existía o "pé metálico " que en español foi substituído polo cómputo de sílabas e o isosilabismo.
PROSA POÉTICA é aquela que carecendo de recursos rítmicos acusados, ten non obstante, harmonía e sonoridade e expresa sentimentos propios da poesía
Outros artigos de interés:
-A Beleza- Apuntes de literatura
-A literatura- Apuntes
-O poeta como un pequeno Deus
-O ritmo- o poeta como un pequeno Deus
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario