Publicación

A publicación DO DISCURSO DO BOSQUE está como calquera libro que pretende ve la luz, pasando po lo difícil proceso de estudio dunha editorial, o autor, como e razoable, non quere, polo de agora, difundi-lo seu nome.



Tamén se está a traballar no proceso de promoción para cando o libro estea publicado. O autor, ten a convicción de que un libro non remata cando se lle coloca o punto final do último parágrafo ou verso. Para el, a obra ten que ter vida propia, ten que saltar, dar voltas, xirar o redor, acougarse para despois saír de novo o ar, e como se fose un foguete, estourar, e deixarse caer docemente na noite e nos soños dos lectores e acougarse como o raposo no seu tobo nas horas de máis calor.



Estes saltiños dun libro que pretende ser, consistirán en presentacións da obra polo seu autor, REGALANDO xunto con dada exemplar, un plantón de carballo, ameneiro, acibo e sobreira. Tamén se tentará facer plantacións en colaboración con algún concello, nas zoas castigadas polos incendios ou nas beiras dos ríos.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...