martes, 26 de octubre de 2010

O Poeta como un pequeno Deus


En primeiro lugar, a poesía carece de límites e obstínase no xogo. Pero esixe verbas exactas e un rosario de emocións intrínsecas co seu creador.

Non existen condicións para que goste a todos, nin en todos os tempos.
Cada poema é único e se queremos definir a poesía, sería como querer definir cada poema, cada creador ou cada lector. POEMA-POETA-LECTOR son como un todo.

Non se pode definir o poema perfecto, o "todo", pero pódese intentar que sí o sexa:

Cando alerta os sentidos.
Cando fai sentir a felicidade.
Cando é emocionante.
Cando mobiliza o pensamento.
Cando suxire sen explicar.
Cando xeneraliza e non se cingue a algo concreto.
Cando comparte.

"¡POR QUE CANTADES Á LÚA, OH POETAS!. Deixade que ela alume o voso poema.

Pode que che interesen estes artigos



¿Qué facer coas sementes do acivro?





Unha vez recollidas as sementes, deben meterse nunha mestura de area con terra de sementeira e deixalas nun lugar bioloxicamente axeitado, isto é, húmido e frío. Un lugar semellante a onde naceron outros espontáneamente. Despois, xa a propia natureza nos mostra cal é o mellor momento para que as bagas que sementamos e agochamos dos paxaros e roedores, xerminen.
Se este proceso o facemos en tarros ou bandexas e unha vez transcurrido o período de xerminación, un ano aproximadamente, teremos uns plantones que crecerán moi lentamente, neste punto é cando debemos transplantalos ao lugar que teñamos escollido. Feliz sotobosque.


Pode que che gusten  estos outros temas 

sábado, 23 de octubre de 2010

Propostas para a portada do libro.

 Estas son as tres propostas para a portada do libro agradeceria a todolos visiantes do blog a que voten na encuesta pola que mais lle guste. Grazas.


Opción 1:
Opción 2:
Opción 3:

viernes, 22 de octubre de 2010

Bagas de acivro para o discurso do bosque

Hoxe, ben entrado o outono, recollín máis de duas centas bagas de acibo. Agora gardeinas nun lugar seco e a baixa temperatura, uns catro grados. Para a primaveira penso plantalos en pequenas macetas. Paciencia precisarei, poderían tardar varios anos en xerminar, teño que coidalos e regalos cando o precisan.
Como todas as cousas realmente valiosas, no se obteñen rápida e doadamente, o seu desenrolo e lento. Si son capaz, podería conseguir calquera cousa que me propoña e este será o primero agasallo do meu árbore. O DISCURSO DO BOSQUE.

Consellos para converterse en escritor

Dúas cousas, desexalo e saber escribir. Todos sabedes escribir e aínda que non o creades, todos tedes algo que contar.
Pero claro, hai que querer contalo. A min non me apetece escalar montañas, pero creo que adestrándome, e se realmente o desexase, podería…. Aínda que fosen montes.

Para os que desexan ser escritores, unhas ideas.

Para ser mestre, tes que preparar unha oposición.
Para ser avogado, dereito romano e máis dereito.
Piloto de avión? Sen rodeos: voar.
Para ser médico, medicina e facer a especialidade.
Para ser escritor, saber escribir e querer contar.
Para ser poeta, todo o anterior e engadirlle maxia.
¡Doado non sí!.

domingo, 17 de octubre de 2010

Haiku

Este Haiku, dedicao Mayte Freire a foto de Benito Juncal: unha gota no fin da rama xoven do binbieiro.


"O son da vida
esvara no outono
onde os bimbieiros" (Mayte Freire)


Nota: Os demais tamen podedes participar. Que non vos de vergoña, si non terei que organizar un concurso.

Tipos de incendios

San Juan.


Segundo o estado do monte por onde se propaga o lume, temos tres tipos de incendios:

Incendio de superficie, nel queimase o soto e o matorral. Suele ser o comezo doutros incendios.

Incendio de copas ou coroas: propagase a través das copas das árbores, son os mais virulentos xa que o vento sopla con forza nas alturas.

Incendios de subsuelo: son os que se propagan baixo a superficie, avanzan queimando a materia orgánica seca e as raíces, pero non arde de maneira apreciable, faino sin facer lapas e sen botar fume. De propagación lenta, suelen ser o inicio doutros tipos de incendios.

jueves, 14 de octubre de 2010

A foto merece un "Haiku"

O haiku son versos de orixe Xaponesa, consta de tres versos de 5, 7 e 5 sílabas, sen rima. Adoita conter unha palabra clave que indica a estación do ano a que se refire.
Tradicionalmente o haiku, así como outras composicións poéticas, buscaban describir os fenómenos naturais, os cambios das estacións, ou a vida cotiá da xente, en xeral son versos referidos á natureza. O seu estilo caracterízase pola naturalidade, a sinxeleza (non o simplismo), a sutileza, a austeridade, a aparente asimetría que suxire a liberdade e con esta a eternidade.

Treme a auga
nos días outonais
bica o binbieiro

Nota: Benito grazas pola tua idea de colgar unha foto para que os visitantes do blog escriban un microrrelato, neste caso "un poema"

miércoles, 13 de octubre de 2010

Microrelato "AS SUAS BAGAS SON O UNICO ALIMENTO"

As súas bagas son o único alimento que escolle de entre as follas do acivro. O recórdo vello e a súa voz reflectía o seu carácter introvertido. Quixera xogar con el como cando era un neno. Pero no bar dixéronme, "xa non quedan pitas do monte en Galicia"

Microrelato

Gota


Saúdos e bo viño literario a todos os que estades visitando o meu blog. Desexaría que participásedes nel xa que así tería vida. Eu suxiro ideas, algún poema, pretendendo así dar a coñecer o meu pensamento como clave para descubrir a obra poética, “O DISCURSO DO BOSQUE”
Sobre o microrrelato, “as súas bagas son ou único alimemento” a miña amiga Mayte Freire suxíreme facer unha continuación. Pareceríame perfecto, estariamos movendo fichas nas relacións entre as persoas.
Para deixar comentarios, ao final de cada artigo onde pon PUBLICADO POR e buscando co cursor do ratón, (como palpando) atopades unha casilla que di 0 COMENTARIOS é aí. Onde pon SEGUIDORES, vos rexistrades e moi doado. Veña, a atreverse que si que sodes quen.

lunes, 11 de octubre de 2010

Acivro

O acivro pertence á familia aquifoliaceae, arbustivo de entre sete e dez metros de altura e en perigo de desaparición. A súa poboación viuse moi minguada pola utilización como ornamento para as festas de nadal, período en que as súas bagas son o único alimento de moitas especies e o seu medio natural de multiplicación.

Hoxe co acivro pretendo facer un exercicio de literatura:

UN MICRORRELATO

Como preámbulo, hei de dicir que ten que ser un relato con entidade propia, non unha porción dun conto. Cun número mínimo de palabras, con personaxes, un ou dous, coa súa trama, coa súa sentenza e o seu final.

Para o comezo empregarei unha frase da pequena introdución "as súas bagas son o único alimento".


As súas bagas son o único alimento que escolle de entre as follas do acivro. O recórdo vello e a súa voz reflectía o seu carácter introvertido. Quixera xogar con el como cando era un neno. Pero no bar dixéronme, "xa non quedan pitas do monte en Galicia"

REGALO ARBOL: ACIBO

viernes, 8 de octubre de 2010

Acto Poético.

Fernando

Onte ás oito da tarde, tivo lugar no Centro Social Caixa Galicia de Pontevedra, un acto poético musical a cargo dos Escritores e Poetas do taller literario no que participa Fernando Sancho Blanco. O acto, foi unha homenaxe a Miguel Hernández, o poeta do Vento do Pobo.

O público aplaudiu constantemente ás interpretacións dos poemas de Hernández, así como aos músicos que coas súas cancións amenizaron dito acto.

Léronse entre outros: La Elegía a Ramón Sijé, Nanas a una cebola, Me llamo barro aún que Miguel me llame, Boca, Como el toro nací para el luto, e por parte de Fernando:



 ACEITUNEROS


Andaluces de Jaén,
aceituneros altivos,
decidme en el alma: ¿quién,
quién levantó los olivos?

No los levantó la nada
ni el dinero, ni el señor;
sino la tierra callada,
el trabajo y el sudor.

Unidos al agua pura
y a los planetas unidos,
los tres dieron la hermosura
de los troncos retorcidos.

Levántate, olivo cano,
dijeron al pié del viento.
Y el olivo alzó una mano
poderosa de cimiento.

Andaluces de Jaén,
aceituneros altivos,
decidme en el alma: ¿quién
amamantó los olivos?

Vuestra sangre, vuestra vida,
no la del explotador
que se enriqueció en la herida
generosa del sudor.

No la del terrateniente
que os sepultó en la pobreza,
que os pisoteó la frente,
que os redujo la cabeza.

Árboles que vuestro afán
consagró al centro del día
eran principio de un pan
que sólo el otro comía.

¡Cuantos siglos de aceituna,
los pies y las manos presos,
sol a sol y luna a luna,
pesan sobre vuestros huesos!

Andaluces de Jaén,
aceituneros altivos,
pregunta mi alma ¿de quién,
de quién son estos olivos?

Jaén, levántate brava
sobre tus piedras lunares,
no vayas a ser esclava
con todos tus olivares.

Dentro de la claridad
del aceite y sus aromas,
indican tu libertad
la libertad de tus lomas.

miércoles, 6 de octubre de 2010

AXUDANTE DO BOSQUE: GRADO TROITA

Rio Grande



A troita común, troita marrón ou reo, Salmo Trutta, vénlle pasando o que ao noso animalillo do artigo anterior, resulta que está dentro dunha das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo.

E como no caso anterior, apelaremos ao seu espírito. Apelemos á súa astucia e a súa loita pola supervivencia nun cara a cara ancestral cos seus inimigos e cos pescadores.

A troita está sempre alerta en todo o sentido da palabra sempre, os seus ollos non pairan de moverse, ten inimigos no leito do río, na auga e fóra dela. Así mesmo, o alimento encóntrao nesas tres mesmas dimensións. Voraz e astuta aprende dos seus fallos.

A troita como a maioría dos habitantes dos ríos necesita unha auga limpa, osixenada e cunha temperatura determinada.

O axudante do bosque de "GRAO TROITA", sería aquela persoa, que ben en solitario ou en grupo, sexa capaz de conseguir que isto se cumpra.

Que podo facer eu ante un planeta tan grande!, Que podo facer eu ante un río tan largo¡ Así poderiamos estar a lamentarnos eternamente, pero sempre existe un pero. Que parte do río podo vixiar ou limpar, dez metros. Eses poucos metros, son a extensión que necesita a miña alma e as miñas conviccións para ser feliz.

Mañá subirei ao monte, catro euros de gasolina que ía gastar no tabaco que non levarei e no maleteiro do meu coche traerei dúas bolsas de lixo e un montón de sensacións para compartir coa miña intimidade.

Acto do Autor.

Fernando Sancho Blanco xunto coa Asociación de Escritores e Artistas, delegación de Galicia e a Fundación Caixa Galicia, teñen a honra de invitalo ao

Recital poético-musical

            POESÍA POLOS POBOS
           
            Homenaxe a Miguel Hernández


Que terá lugar o vindeiro día 7 de outubro as 20.00 h

                                                Sede Fundación Caixa Galicia
                                                Praza de San Xosé,3 – Pontevedra

            O autor, como os demáis participantes no acto, recitará un poema en homenaxe a Miguel Hernández e outro poema propio titulado VAIPOLORIO, facendo así mesmo
a presentación oficial do seu blogspot:  O DISCURSO DO BOSQUE

martes, 5 de octubre de 2010

Axudante do Bosque: Grado Esquío


O esquío pertence a familia Sciuridae, alimentase de froitos secos, piñóns, sementes, baias outonais, ovos e ata paxaros.

Namentres as poboacións do noso simpático roedor eran controladas pola marta e por algunhas aves rapaces, (entre outros inimigos), no bosque non había desequilibrios. Na actualidade os desordes son graves, e os esquíos como todas as sobrepoboacións, están a exercer unha fortísima presión sobre os niños dos paxaros silvestres.

Pero apelemos o espírito do animaliño, e deixemos atrás os problemas que causa o que lle fan causar.

No seu brío, e un ser previsor. Así ten que ser o noso comportamento ante o lugar onde vivimos. Se queimamos o monte, se contaminamos os ríos e o mar, ¿que estamos a sementar?.

Cando vemos un vertedoiro ilegal, so nos queda dicir, ¡que magoa!. Agora co novo título, podemos chamar as autoridades; e podería poñer entre parénteses (non farán nada), pero iso non sempre e así, eu teño chamado o departamento correspondente, e ver cos meus propios ollos que si me fan caso, ¡que tampouco son tan inocente!.

O dito, chamade as autoridades, grupos ecoloxistas, asociacións de veciños, non digades ¡que magoa!  

domingo, 3 de octubre de 2010

El bloc d'en Ramon Bassas [www.ramonbassas.cat]: Tesi doctoral

El bloc d'en Ramon Bassas [www.ramonbassas.cat]: Tesi doctoral

A violencia nas manifestacións pode ter moitas causas, pero O Bosque suxire que e un resultado do acinamento no interior dos muros, das tapias brancas. Na vida natural, non son coñecidos ditos feitos.

Axudante do Bosque: " GRADO HARPÍA"

Como seres mitolóxicos, eran fermosas mulleres aladas que estaban sempre a vixiar para que Fineo cumprise o castigo de Zeus. Na selva, coñecese como a aguia invisible, a que dende a súas ramas controla todos os movementos.

As persoas individuais que non pertencemos a ningún colectivo, as que nos preguntamos: ¿que podemos facer nos po lo noso planeta, sendo tan pequechos?. Temos unha responsabilidade que non sempre cumprimos, a de facer de harpías, a de vixiar.

Vixiar sen caer en practicas inquisitoriais, xa que mudaríamos para un mundo peor. Pero facelo con una base construtiva sería o lóxico.

Cantas veces vimos un lume e pasamos dicíndonos ¡ xa estarán avisados!, pois NON, non estaban avisados e unha hora mais tarde será catastrófico. Colla o seu documento de AXUDANTE DO BOSQUE e chame o 112, despois avise os veciños. Este acto, pode levarnos uns minutos na nosa carreira por chegar antes nas autoestradas. Pero habemos de saber que o bosque no lo agradecerá, xa que maña, os nosos fillos non mirarán para un deserto.

sábado, 2 de octubre de 2010

Serie: Axudantes do Bosque.

O Bosque.



O bosque, en estado natural non precisa que ninguén lle bote unha man, a cortiza da sobreira arde lentamente cando hai lume, pero cando este pasa, non sole rematar ca vida da árbore e no próximo luar chegarán follas novas.

Os incendios, os vertidos e tantas outras agresións, loxicamente non son naturais, nin se fan a luz do día, fanse polas costas. O bosque non ten mecanismos para loitar contra a actividade humana, xa que el, na súa inocencia non coñece as causas, soamente sufre as consecuencias.

Para ser axudante do bosque, non fai falla facer cursos, nin sequera pertencer a ningún colectivo, simplemente mudar pequenos hábitos, comezando por un mesmo. Deixar de fumar axudaría o bosque, tamén o faría separa lo lixo, deixar o coche no garaxe, andar, andar e respirar o recendo dos piñeiros, axudaría e máis nos convertería en parte del, en auténticos Axudantes do Bosque.

Pero si un home fai o traballo de medio e dous o de catro, e por iso polo que funcionan ben as asociacións. En derradeiros capítulos, tentarei expoñer como crear un sinxelo colectivo, e a que tipo de actividades nos podemos dedicar sendo un grao de area na praia oceánica
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...