miércoles, 26 de enero de 2011

CANARIAS

Amence nas illas africanas
pola mesma latitude que a tumba de Zoser.
Saio á alba
para mercar matices
e ruxidos de leóns en relevo.
O meu sangue bole, axítase,
xermino versos azuis.
Estraño o frío das miñas mañás
porque aquí
desoriéntase o inverno
á hora en que as sombras
déixante durmida
no hotel.

domingo, 16 de enero de 2011

O BOSQUE DE PIÑEIROS

Mentres as outras árbores están espidas, son os piñeiros os que deteñen o vento.

Entre os piñeiros
asuvia o inverno
anacos de sol.

viernes, 14 de enero de 2011

QUINCE DE OUTUBRO


QUINCE DE OUTUBRO

Era quince de outubro e volvín a ti
e na túa area baleira
encontrei algas abandonadas
castelos
que unha ou outra vez
desfiguraban a marea.
Pero non me culpes
por pisar a túa area como unha gaivota
e grallar o teu nome nas espadas do vento.
Por escavar buratos profundos
para verte sorrir.
Por preparar redes iracundas
nas que pescarche
como un peixe que soña durmido
e berrar o teu nome
caer.
Era quince de outubro e aínda non era tarde.


Nota: a foto dos meus pes foi tomada o 17 na praia Limens (Cangas). Agora con 5º xa non sei.
O poema e dedicado a cando xogaba con a miña nena Silvia na praia, agora está lonxe o o ver isto vai chorar.
Pero a grandeza da poesía e que cada quen pode interpretar o seus sentimentos e verse represenntado . Pode valer para a miña filla, para a miña muller Bea, ou para a propia praia de Limens.

miércoles, 12 de enero de 2011

AFAMADAS BAGAS DO ACIVRO


Temos aqui as afamadas bagas do acivro, ouro para os montes. Primeiro as seleciono e despois a sementalas. A os dous anos xa vos contarei.

domingo, 9 de enero de 2011

ACEVO, ACRIVO OU XARDÓN

Despois da poda dos acivros, estou a plantar as sementes e as ramas. Dúas maneiras de reproducir trescentos exemplares. Se chegan claro.
As sementes tardarán dous anos en asomar os grelos.
Ás podallas saqueilles follas ata que quedaron dous ou tres, agora tócalle a quenda ao enraizador e ás hormonas para as raíces.




AS 8,20 AMANECE NO MEU PRADO

sábado, 8 de enero de 2011

Pregón das festas de A Estrada


Interesante entrevista e pregón do profesor X. Luis Barrreiro nas festas da Estrada anos atras, deixovos o enlace de audio o programa da Radio Galego "Rios e Montes". A entrevista comenza a partir do minuto 05:36.

viernes, 7 de enero de 2011

Portada Ganadora.

GRAZAS A TODOS OS MAGOS QUE VOTASTES, EN REALIDADE ENCANTOUME ESTA PORTADA. unha cousa é certa; cando o libro saia da editorial sabede que tendes que ir ao bosque a facer un traballo máis "PLANTAR A ÁRBORE QUE VOS ENVIAREI DE AGASALLO" nese momento eu tamén serei Mago.

miércoles, 5 de enero de 2011

NOITE DE REIS

Queridos Magos, á parte do Reader para a lectura de ebooks, recordar que tamén vos pedín a portada do meu libro: "O discurso do bosque". Esta tarde, pareceume ver na carroza que a elixida era a primeira opción. Nela, unha ventá dentro dun madeiro mostra ao vixilante parte do teu misterio. Grazas tamén á raíña Zeltia, ao rei Toro Salvaje e aos demais que formades parte do séquito máis singular.

lunes, 3 de enero de 2011

MULLER LIMENS

Refrescarme no mar que ofrece a túa lingua,
no salvaxismo impuro
do aroma que proxecta
luces e sombras na area,
espellismos que invitan ao esquecemento.
Pero estou lonxe
e dende este oasis áulico,
esváese o vento
no seu reconto matinal de margaridas.
Son errante nesta area
agretada polo sol,
camiñante
que busco nadar
nas augas bravas
que proxecta a túa lingua e a túa praia.


Primeiros baños para o dous mil once.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...