martes, 19 de abril de 2011

DE VIAXE POR VENEZIA





De viaxe por Venezía visitando a fermosa cidade e asistinda a inauguración da exposición "DELIRIUM EN VENEZIA" con acuarelas da mia filla Silvia.

INAUGURACIÓN 18:30h en Al Parlamento Bar - Cannregio, Fondamenta Savorgnan (entre el ponte delle Guglie y puente dei tre archi)




Trinta e cinco acuarelas contan a experiencia dun ano de vida do artista na cidade de Venecia.
Unha viaxe que levou ao descubrimento dun lugar máxico onde impresionantes arquitecturas, espazos e atmosferas son parte da sensibilidade persoal e se materializa, con xesto expresionista, no papel.
Venecia convértese nun grande espello, onde as canles, rúas, teitos e aberturas parecen ser reflectidos a través dunha lousa lixeiramente deformada.
O escenario que emerxe é máis próximo a unha ilustración habitable, un pouco reale e moi imaxinario, onde quen ama este lugar pode atopar sentimentos coñecidos.
  Silvia Sancho


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...