lunes, 27 de septiembre de 2010

Vaipolorío

Rio Loira

Na década dos setenta, cando se comezaban a ver os primeiros furgóns pintados con margaridas, a miña tía Carme tiraba as bolsas do lixo no leito do río.

A mediados dos oitenta, cruzar pola Ponte Nova sen deixar de respirar era unha misión ben difícil. Daquela, xa non se miraban as bolsas do lixo flotando por aquí e por acolá, pero os colectores invisibles facían os seus estragos.

Nos noventa, son os propios veciños, os que se levantan contra o deterioro do seu río a golpe de botas, guantes e denuncias nos xulgados.

As forzas culturais, políticas e naturistas desta cidade, levan o rumbo correcto cara a unha mellora do medio que han de herdar as xeracións vindeiras.

VAIPOLORÍO

Alá vai o mundo
con barba de días,
vai apoiado nese bastón
feito de lixo,
de sombras amarelas
e de espanto.

Xa non quere saber,
queimou os ollos
e como Saturno
comería os fillos.

Pero desta vez,
desta vez
volveron as lontras
prenderon os estripeiros
e quince homes
e quince meses
deron de limpar un río.

Oes,
limparon un río,
xa non está todo estragado
xa hai esperanza
se queres:
VAIPOLORÍO.

Pan de Lobo.

Amanita Muscaria.

Foi en Melide, a primeira vez que mirei un cogomelo. Iamos por unha corredoira, e Suso díxome, ¡iso é pan de lobo!, e doulle una patada. Eu nunca ollara aquel ser dos contos, pero de seguro que si aquilo era o seu pan, os cogomelos serían algo arrepiante.



Co pasos dos anos, aquela teoría era totalmente certa: ¡había cogomelos velenosos e hasta mortais!.



Asistín a varios cursiños sobre o mundo micolóxico, pero de todos eles saquei unha conclusión: “os cursiños son un fraude”, así de rotundo e así de sinxelo. Un cociñeiro bota moitos anos para aprender a súa profesión. Dende sempre, comeza como pinche de cociña, e pouco a pouco vai subindo hasta chegar a súa meta. Con un cursiño de cociña podes aprender dúas receitas, pero non te creas cociñeiro.



Nos cursiños de cogomelos, móstrante as diferenzas entre uns e outros, aprendes a recoñecelos e cousas así. Pero mentres no de cociña, o guiso pode sair mellor ou peor, os cogomelos poden ser comestibles ou velenosos.



Así que, os que dan estes cursos, biólogos as mais das veces, ensinante unha regra xeral, coñece ben dúas ou tres variedades que se dean pola túa zoa, e goza ca súa recolleita e seu exquisito sabor.



No meu radio de acción, danse ben as “cantarelas” (Cantharellus tubaeformis), e para miña sorpresa e asombro (xa que pensaba que era o nome que no rural se lles daba a todas as froitas do mundo micolóxico), o “pan de lobo” (Macrolepiota procera). Agora sei que non era tan malo, nin o lobo tan fero como o pintaban.

O Raposo.

O nace-lo día, xusto no momento no que aínda non fuxiu a noite, camarada raposo saúdasme.



Mirámonos os ollos uns micro segundos, onde escapas receoso. Sei que andas tra las miñas galiñas, eu tras de ti buscando algunha pegada, imaxinando o teu percorrido o redor do alpendre no que esperas paciente topar a túa oportunidade, un despiste meu, un xesto.



No meu alboio inexpugnable prosperan os ratos, comen o millo, o pan, os ovos, fano coa impunidade que lles dá as mallas de ferro, non ai gato, curuxa ou raposo que entre nos seus dominios, eles alí, son os amos.



Nas miñas reflexións, sabes que che deixaría entrar amigo raposo, para que controlases a poboación deses indesexables, pero sei que as galiñas iríante entreter.

sábado, 18 de septiembre de 2010

Arbores Microrrizadas.

A micorrización, consiste na sociedade beneficiosa entre os fungos e as prantas. Micorriza significa literalmente fungo-raíz. Esta simbiose, dase de maneira espontánea na natureza, pero tamén podese facer artificialmente. No caso das árbores, podense micorrizar exemplares xovenes ou árbores xa adultas.
Nestas plantacións, e doado obter produccions de setas de alto valor culinario, dando o monte un valor engadido para a economía da zoa, nacendo así outra simbiose: a existente entre as micorrizas e o home. Este último, mantén o monte coidado e limpo, para non atraer desta maneira os incendios e con eles a sesertización.
Un dos versos do meu poemario, fala precisamente desta simbiose entre os fungos e o home, poderiamos chamarlle "micohome", xa que os poetas permitesenos xogar a inventar verbas.
Cando o poemario "O DISCURSO DO BOSQUE" vexa a luz, a miña ilusión sería regalar con cada exemplar un plantón de carballo ou castiñeiro micorrizado.

viernes, 17 de septiembre de 2010

O Discurso do Bosque

Na miña colleita de fundos matinais, topeime cunha linguaxe que me permitiu traducir o denso arume do piñeiro e o murmurio da auga. A través de este poemario o bosque implicanos no seu lamento, empregando a sutíl fórmula de non atopar culpables, e mergullandonos cos seus versículos nun mundo onde a garceta queda frustrada na sua propia e desértica braña.



REGALO: O autor como promoción da sua obra, na sua primeira edición, regala un plantón de una destas especies bidueira, carballo, sobreira e acibo.





ACTUACIÓNS: Nas presentacións do libro, polas distintas cidades e concellos e en colaboura con as concellerias de cultura e medioambiente, se fará unha repoboación con plantón a raíz espida, dunha zoa determinada por ditas concellerias, como espazos queimados ou ribeiras dun río.



ARTÍCULOS: As árbores micorrizadas....

O raposo --- O lique---- A sobreira---- e outros artículos sobre algúns compoñentes do bosque

Montes queimados...

Como facer una pequena asociación de axudantes do bosque....
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...