lunes, 27 de septiembre de 2010

Pan de Lobo.

Amanita Muscaria.

Foi en Melide, a primeira vez que mirei un cogomelo. Iamos por unha corredoira, e Suso díxome, ¡iso é pan de lobo!, e doulle una patada. Eu nunca ollara aquel ser dos contos, pero de seguro que si aquilo era o seu pan, os cogomelos serían algo arrepiante.



Co pasos dos anos, aquela teoría era totalmente certa: ¡había cogomelos velenosos e hasta mortais!.



Asistín a varios cursiños sobre o mundo micolóxico, pero de todos eles saquei unha conclusión: “os cursiños son un fraude”, así de rotundo e así de sinxelo. Un cociñeiro bota moitos anos para aprender a súa profesión. Dende sempre, comeza como pinche de cociña, e pouco a pouco vai subindo hasta chegar a súa meta. Con un cursiño de cociña podes aprender dúas receitas, pero non te creas cociñeiro.



Nos cursiños de cogomelos, móstrante as diferenzas entre uns e outros, aprendes a recoñecelos e cousas así. Pero mentres no de cociña, o guiso pode sair mellor ou peor, os cogomelos poden ser comestibles ou velenosos.



Así que, os que dan estes cursos, biólogos as mais das veces, ensinante unha regra xeral, coñece ben dúas ou tres variedades que se dean pola túa zoa, e goza ca súa recolleita e seu exquisito sabor.



No meu radio de acción, danse ben as “cantarelas” (Cantharellus tubaeformis), e para miña sorpresa e asombro (xa que pensaba que era o nome que no rural se lles daba a todas as froitas do mundo micolóxico), o “pan de lobo” (Macrolepiota procera). Agora sei que non era tan malo, nin o lobo tan fero como o pintaban.

1 comentario:

  1. non sabía que se lle chamaba así a esa seta tan chamativa!
    (pero é alucinóxena e velenosa, non?)

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...