O haiku son versos de orixe Xaponesa, consta de tres versos de 5, 7 e 5 sílabas, sen rima. Adoita conter unha palabra clave que indica a estación do ano a que se refire.
Tradicionalmente o haiku, así como outras composicións poéticas, buscaban describir os fenómenos naturais, os cambios das estacións, ou a vida cotiá da xente, en xeral son versos referidos á natureza. O seu estilo caracterízase pola naturalidade, a sinxeleza (non o simplismo), a sutileza, a austeridade, a aparente asimetría que suxire a liberdade e con esta a eternidade.
Treme a auga
nos días outonais
bica o binbieiro
Nota: Benito grazas pola tua idea de colgar unha foto para que os visitantes do blog escriban un microrrelato, neste caso "un poema"
Ahí vai o meu Haiku. Non sei se contei moi ben as sílabas, de tódalas maneiras quero que sepades que me costou traballo pero agora, unha vez feito, é do máis gratificante.
ResponderEliminar"O son da vida
esvara no outono
onde os bimbieiros"