O esquío pertence a familia Sciuridae, alimentase de froitos secos, piñóns, sementes, baias outonais, ovos e ata paxaros.
Namentres as poboacións do noso simpático roedor eran controladas pola marta e por algunhas aves rapaces, (entre outros inimigos), no bosque non había desequilibrios. Na actualidade os desordes son graves, e os esquíos como todas as sobrepoboacións, están a exercer unha fortísima presión sobre os niños dos paxaros silvestres.
Pero apelemos o espírito do animaliño, e deixemos atrás os problemas que causa o que lle fan causar.
No seu brío, e un ser previsor. Así ten que ser o noso comportamento ante o lugar onde vivimos. Se queimamos o monte, se contaminamos os ríos e o mar, ¿que estamos a sementar?.
Cando vemos un vertedoiro ilegal, so nos queda dicir, ¡que magoa!. Agora co novo título, podemos chamar as autoridades; e podería poñer entre parénteses (non farán nada), pero iso non sempre e así, eu teño chamado o departamento correspondente, e ver cos meus propios ollos que si me fan caso, ¡que tampouco son tan inocente!.
O dito, chamade as autoridades, grupos ecoloxistas, asociacións de veciños, non digades ¡que magoa!
No hay comentarios:
Publicar un comentario