sábado, 2 de octubre de 2010

Serie: Axudantes do Bosque.

O Bosque.



O bosque, en estado natural non precisa que ninguén lle bote unha man, a cortiza da sobreira arde lentamente cando hai lume, pero cando este pasa, non sole rematar ca vida da árbore e no próximo luar chegarán follas novas.

Os incendios, os vertidos e tantas outras agresións, loxicamente non son naturais, nin se fan a luz do día, fanse polas costas. O bosque non ten mecanismos para loitar contra a actividade humana, xa que el, na súa inocencia non coñece as causas, soamente sufre as consecuencias.

Para ser axudante do bosque, non fai falla facer cursos, nin sequera pertencer a ningún colectivo, simplemente mudar pequenos hábitos, comezando por un mesmo. Deixar de fumar axudaría o bosque, tamén o faría separa lo lixo, deixar o coche no garaxe, andar, andar e respirar o recendo dos piñeiros, axudaría e máis nos convertería en parte del, en auténticos Axudantes do Bosque.

Pero si un home fai o traballo de medio e dous o de catro, e por iso polo que funcionan ben as asociacións. En derradeiros capítulos, tentarei expoñer como crear un sinxelo colectivo, e a que tipo de actividades nos podemos dedicar sendo un grao de area na praia oceánica

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...