miércoles, 6 de octubre de 2010

AXUDANTE DO BOSQUE: GRADO TROITA

Rio Grande



A troita común, troita marrón ou reo, Salmo Trutta, vénlle pasando o que ao noso animalillo do artigo anterior, resulta que está dentro dunha das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo.

E como no caso anterior, apelaremos ao seu espírito. Apelemos á súa astucia e a súa loita pola supervivencia nun cara a cara ancestral cos seus inimigos e cos pescadores.

A troita está sempre alerta en todo o sentido da palabra sempre, os seus ollos non pairan de moverse, ten inimigos no leito do río, na auga e fóra dela. Así mesmo, o alimento encóntrao nesas tres mesmas dimensións. Voraz e astuta aprende dos seus fallos.

A troita como a maioría dos habitantes dos ríos necesita unha auga limpa, osixenada e cunha temperatura determinada.

O axudante do bosque de "GRAO TROITA", sería aquela persoa, que ben en solitario ou en grupo, sexa capaz de conseguir que isto se cumpra.

Que podo facer eu ante un planeta tan grande!, Que podo facer eu ante un río tan largo¡ Así poderiamos estar a lamentarnos eternamente, pero sempre existe un pero. Que parte do río podo vixiar ou limpar, dez metros. Eses poucos metros, son a extensión que necesita a miña alma e as miñas conviccións para ser feliz.

Mañá subirei ao monte, catro euros de gasolina que ía gastar no tabaco que non levarei e no maleteiro do meu coche traerei dúas bolsas de lixo e un montón de sensacións para compartir coa miña intimidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...