En primeiro lugar, a poesía carece de límites e obstínase no xogo. Pero esixe verbas exactas e un rosario de emocións intrínsecas co seu creador.
Non existen condicións para que goste a todos, nin en todos os tempos.
Cada poema é único e se queremos definir a poesía, sería como querer definir cada poema, cada creador ou cada lector. POEMA-POETA-LECTOR son como un todo.
Cada poema é único e se queremos definir a poesía, sería como querer definir cada poema, cada creador ou cada lector. POEMA-POETA-LECTOR son como un todo.
Non se pode definir o poema perfecto, o "todo", pero pódese intentar que sí o sexa:
Cando alerta os sentidos.
Cando fai sentir a felicidade.
Cando é emocionante.
Cando mobiliza o pensamento.
Cando suxire sen explicar.
Cando xeneraliza e non se cingue a algo concreto.
Cando comparte.
"¡POR QUE CANTADES Á LÚA, OH POETAS!. Deixade que ela alume o voso poema.
Pode que che interesen estes artigos
Hola! Fixen un pequeno poema en galego. Veremos que vos suxire. Grazas.
ResponderEliminarVOLTAR
Ás veces,
cando a tristura
orballa nas miñas meixelas,
pecho os ollos con forza
e da man do tempo
brinco polos teus carreiros.
Son a bolboreta
que xoga na túa fraga,
séntome no teu colo
e agardo que chegue
a tempada das cereixas.
Ás veces penso
que aquí os días non medran
por iso Quero ficar ó teu carón
aínda que teña que durmi-la sesta.