viernes, 12 de noviembre de 2010

Ideas para traballar un poema - O poeta como un pequeno Deus


Ideas e proxectos para traballar un poema:

A) Busquemos visualmente pozos de inspiración. Colocar sobre o noso escritorio e o seu ámbito: Fotos, cadros, obxectos, flores, libros, frases e un ecétera que nos poida suxerir, e sen pretender escapar ao obvio ter moi preto google.

B) Unha vez elixido o noso obxecto ou idea entre toda esa silva, busquemos unha imaxe e unha vez neste punto, pechemos os ollos e concentrémonos soamente nela, pensando en que foi o que nos chamou a súa atención.
A inspiración é un potente foco dirixido co que debemos buscar e reter a imaxe que se nos pretende escapar cara á escuridade.

C) Cada día poderiamos intentar escribir dun modo surrealista unha pequena porción dun folio. Con este exercicio ábrese paso ao inconsciente sen que o corte a razón.



Outros artigos:
-O poeta como un pequeno Deus
-Segredos poéticos
-A Creación Poética
-Deixar fluir
-Cortar
-Xogar coas verbas
-A imaxe
-Buscar o ritmo

3 comentarios:

  1. Cando chegue a inspiración que nos pille traballando, que dixo Cela.

    ResponderEliminar
  2. DAs boas ideas para traballar.
    Se queres, gustaríame que me dixeras por que deduciches tal cousa do meu escrito do boneco.
    Ti serás pai, pero eu son nai consciente e voluntaria. E de escravitude nada. Ben fermoso é.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  3. Aqui tienes lo que te dije! Ya sabes como hacer nuestro proyectiyo... cuando yo te pase todas las imágenes haces un viaje intergaláctico (y gratis) hasta venezia y ya está. Todo solucinao!!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...