viernes, 19 de noviembre de 2010

Josep María Castellet é o gañador do Premio Nacional Das Letras



Josep María Castellet alzouse co Premio Nacional das Letras Españolas 2010, concedido polo Ministerio de Cultura e dotado con 40.000 euros, como recoñecemento ao conxunto do seu labor literario, cuxa obra xa forma parte integrante da literatura española.
Nesta edición, o xurado estivo presidido polo director xeral de Libro, Arquivos e Bibliotecas, Rogelio Blanco; mentres que a subdirectora xeral adxunta de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas, Mónica Fernández, actuou de vicepresidente, no que tamén participou, entre outros, o galego Xosé Ramón Barreiro.

“SORPRENDIDO E ENCANTADO”
Nacido en Barcelona en 1926, o escritor, editor e crítico literario mostrouse “sorprendido” e “encantado” de recibir o Premio Nacional das Letras Españolas 2010, asegurando que sempre defendeu unha “vontade de concordia entre as linguas e as culturas españolas”, aínda que advirte de que estas relacións están actualmente “un pouco distanciadas”.
“Sospeito que me deron o galardón por toda unha serie de actividades que desenvolvín na miña vida e polo interese enorme por facer contactos entre as linguas”, declara este autor, a quen se lle considera un dos críticos máis influentes na renovación técnica e estética que supuxo a xeración dos 70, e que recoñece como seus autores de referencia a Rafael Alberti ou Carles Riba.

Fonte: www.xornal.com

2 comentarios:

  1. Ola, veño de votar a portada do libro.

    Moitas grazas pola túa visita polo noso curruncho ;-)

    Unha aperta.

    Antón de Muros.

    ResponderEliminar
  2. Foi para min un pracer visitar o teu curruncho :), fareino a miúdo Antón.
    Grazas por votar a portada.
    Unha aperta para ti tamén

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...