Divídese en culta e popular. A primeira é a escrita polos autores. A segunda é a que se transmite oralmente por medio de verbas, de xeración en xeración.
Con frecuencia os grandes autores españois inspiráronse en temas do pobo, así acontece cos romances anónimos da Idade Media que se converteron en artísticos grazas aos poetas do Século de Ouro, XVI e XVII e ata pasaron ao teatro. (Lope de Vega e García Lorca)
A OBRA LITERARIA é un breve poema, un conto, unha novela ou un discurso. Cabe distinguir nela dúas partes: O FONDO e a FORMA, que se condicionan mutuamente e que non se poden estudar separadamente.
-FONDO. As ideas, pensamentos ou sentimentos
-FORMA. Os revestimentos lingüísticos do fondo.
Fondo e Forma van unidos como as dúas caras dunha moeda.
O ESTILO é o conxunto de trazos que caracteriza unha obra literaria. A ciencia que se ocupa do estilo denomínase ESTILÍSTICA. O escritor, aínda que usa unha lingua común, preocúpase pola súa expresión para alcanzar a beleza. Para iso utiliza un léxico máis abundante e dá entrada a fórmulas de expresión que resultarían chocantes na lingua ordinaria.Non hai un modelo de lingua literaria, cada autor e cada época ten un ideal distinto. Juan Valdés dicía: "Escribo como falo", Góngora aseguraba, "honra causoume facerme escuro".
No século XIX prevaleceu o gusto pola énfase retórica e o inchazo expresivo, hoxe prefírese a sinxeleza e a llaneza.
É imposible poñer condicións á creación literaria, todos os artistas adoitan quebrantar as normas e rematan por impoñer as que el observou.
A IMAXINACIÓN opera sobre dous medios: A observación e a lectura.
O importante nun escrito é ter as ideas claras e expresalas con enerxía, convicción e novidade.
Outros artigos:
-A Beleza apuntes de literatura
-O poeta como un pequeno deus
-O deseño dun poema
¿de donde sacas todo esto?
ResponderEliminar