domingo, 28 de noviembre de 2010

EXERCICIO POETICO

Esto vai ben, e quero aclarar que non trato de facer un Cadaver Poético (poemas de varios autores sin un fío común). Senón un poema con versos que poidamos arranchar entre nós ¿parece?.
 Xa temos un verso chegado dende o Círculo de Ourense por Concha López, e di así:
"acocho a miña pel nas túas dobras"
e outro chegado dende as Seychelles da nosa amiga Lira Sierra, en castelán  "con las alas polvorientas de mariposa nocturna", pero ela permíte traducilo e dirá algo así:
"con ás poientas de bolboreta nocturna"

Polo de agora temos:

"Acariño o envés das túas follas dormidas
acocho a miña pel nas túas dobras
con ás poientas de bolboreta nocturna"


Nota: o tempo de correxir tempos verbais, tixola e demais, virá despois. Agora e tempo da creación.

5 comentarios:

  1. Quero darte as grazas pola visita, alégrome que un escritor perda o seu tempo, con textos tan medíocres coma os míos.E máis con un galego ainda en estudo,jeje

    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Gústame este bosque creativo onde se goza e aprende. De momento quédome a ler.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  3. Gostaría engadir un verso:
    " e teño medo que nos esperte amándonos o día ".
    Unha anotación máis: a bolboreta nocturna chámase avelaíña que é un nome ben poético.
    Graciñas polos comentarios.

    ResponderEliminar
  4. "Acariño o envés das túas follas dormidas
    acocho a miña pel nas túas dobras e,
    con ás poeirentas de bolboreta nocturna,
    espallo aloumiños nas túas sombras.

    Durme o teu sono no berce quedo
    que o terciopelo da noite arropua,
    e, entre doces cantos e silencios,
    déixote soñar co espledendor da aurora.

    Canto eu, fundida nos teus lenzos,
    cancións sen rimas nin estrofas...

    ResponderEliminar
  5. Bello es tu blog, como tu post, me encantó descubrirte, todo gracias a la huella que dejaste en mi blog, muy agradecida, por ello.

    Saludos.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...