martes, 9 de noviembre de 2010
Xogar coas verbas - O poeta como un pequeno Deus
As verbas son en realidade o poema. O feito de que este teña un estilo determinado recae na nosa sensibilidade e o noso gusto.
"As verbas son bicos" e teñen un significado diferente, segundo onde e a quen se bique.
Non debemos escoller á primeira verba fermosa que nos veña á cabeza, o tan indiscutiblemente bonito, algunhas veces faise demasiado doce e mesmo en moitos casos ridículo.
Di o grilo: Deixade á lúa e ás estrelas en paz, ditosos poetas e buscade entre os entullos, alí encontraredes realmente a beleza dos vosos poemas, se a encontrades seredes grandes.
As verbas son moito máis que verbas e na breve duración do seu son, CABE TODO UN BOSQUE
Outros artigos:
-Segredos poéticos
-A creación poética
-Deixar fluir
-Cortar
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Certo. Amo as palabras
ResponderEliminar