Esto vai ben, e quero aclarar que non trato de facer un Cadaver Poético (poemas de varios autores sin un fío común). Senón un poema con versos que poidamos arranchar entre nós ¿parece?.
Xa temos un verso chegado dende o Círculo de Ourense por Concha López, e di así:
"acocho a miña pel nas túas dobras"
e outro chegado dende as Seychelles da nosa amiga Lira Sierra, en castelán "con las alas polvorientas de mariposa nocturna", pero ela permíte traducilo e dirá algo así:
"con ás poientas de bolboreta nocturna"
Polo de agora temos:
"Acariño o envés das túas follas dormidas
acocho a miña pel nas túas dobras
con ás poientas de bolboreta nocturna"
Nota: o tempo de correxir tempos verbais, tixola e demais, virá despois. Agora e tempo da creación.
domingo, 28 de noviembre de 2010
sábado, 27 de noviembre de 2010
EXERCICIOS DE TALLER POETICO
Hola propóñovos un exercicio para ir facendo boca. Tratase que despois de un verso que eu coloque sigades con outro que vos pareza axeitado. Subidelo nos comentarios e eu o adxunto no blog. Non teñades medo, nin vergoña tratase de votalo fora e xa está. Non pasa nada, non vivimos desto. Xa sei que para moita xente lle resulta moi díficil espirse ante o público, pero no taller poético onde participo, tes que espirte a cotio e o final te decatas que non pasa nada, todos están espidos ante tí.
Ala vai o meu primeiro verso. (o exercicio tratase de colgar outro que vos insinúe algo a partires de este)
Acariño o envés das túas follas dormidas
Ala vai o meu primeiro verso. (o exercicio tratase de colgar outro que vos insinúe algo a partires de este)
Acariño o envés das túas follas dormidas
viernes, 26 de noviembre de 2010
Culturgal abre hoxe o gran escaparate da cultura do país con 110 actividades
O concerto de música galega e brasileira e os diálogos literarios serán os pratos fortes do primeiro día da Feira das Industrias Culturais
O Culturgal abrirá hoxe as súas portas no Pazo da Cultura de Pontevedra para converterse no gran escaparate das industrias culturais de Galicia. Até o próximo domingo, desenvolverase un programa conformado por máis de 150 horas de actividades e un total de 110 actos que engloban o mellor da produción galega nos ámbitos da literatura, a música, as artes escénicas, as novas tecnoloxías, o audiovisual, o deseño ou a xestión. Todas as actividades serán gratuítas e están destinadas ao público xeral, pero tamén aos profesionais da cultura, xa que as diferentes sesións do Foro Creativa ofrecerán seis horas de análise e debate sobre a situación e o futuro do sector. “Este gran escaparate ten unha oferta moi atractiva e, sen citar todos os exemplos de actividades, destacaría para o público os diálogos literarios, os concertos que terán lugar no Auditorio, as representacións teatrais ou os obradoiros de novas tecnoloxías que terán lugar no Garaxe”, sintetiza o programa o presidente da Asociación Culturgal, Xulio Amigo.
UNHA GRAN CASA PARA GALICIA
O Culturgal preséntase ao público como unha gran casa para a cultura galega na que cada estancia se converte nun recanto dedicado a un ámbito do sector cultural. O Salón converterase no espazo para os diálogos literarios entre autores como Lopo, Diego Ameixeiras ou Rivas e xornalistas culturais. O Garaxe será o espazo dedicado ás novas tecnoloxías. No Patio ofreceranse recitais poéticos, actuacións musicais e teatrais. A Recámara será o ámbito dedicado á música e as artes escénicas. O Cuarto dos Nenos concentraranse as actividades culturais infantís. No Faiado, espazo comisariado polo xefe de Cultura de Xornal de Galicia Iago Martínez, amosaranse as expresións independentes da culturl como son os diferentes xeitos de edición, o Novo Cinema Galego ou a democratización dos espazos.
Xogando ao papel de anfitrións , o conselleiro de Cultura, Roberto Varela; o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o presidente das Asociación Culturgal, Xulio Amigo, encabezarán a inauguración que terá lugar ás 12.00 horas. Este acto rematará coa intervención do Centro Coreográfico.
Con esta inauguración, darase a benvida ás 65 empresas do sector que participarán no Culturgal. O ámbito da música estará representada por aCentral Folque, o Centro Galego de Música Popular, Nordesía, Sinsal ou Esmerarte. O ámbito das letras contará con espazos para Baía Edicións, Asociación Galega de Editores, Biblos Clube, OQO, Xerais ou Galaxia. As artes Escénicas estarán representadas por Festiclown, Teatro Talía ou a Escola Superior de Arte Dramática. Do ámbito audiovisual estarán presentes Aira Pro, Miño Media ou Mr. Misto.
Todas as Asociacións que forman Culturgal (AGE, AGEM, Agapi, Agaphono, Escena Galega, Agapi e Eganet) contarán con espazo propio, así como as entidades patrocinadoras como Agadic, Política Lingüística ou o Concello de Pontevedra.
MÚSICA E LITERATURA
Un dos actos máis destacados que terá lugar no arranque do culturgal será o concerto Galicia BR, que se celebrará no Auditorio do Pazo da Cultura ás 21.00 horas. Trátase dun intercambio musical entre Brasil e Galicia na que participarán os brasileiros Érika Machado e Kiko Klaus –artistas revelación de Minas Gerais–, Sergio Tannus ou Carlos Blanco, que ofrecerá o seu espectáculo Ordem e Progresso.
Tamén no apartado musical, destacan os concertos de Emilio Rúa ás 17.30 no Salón para presentar o seu disco Interior e a de Emilio José, que actuará ás 20.30 no Faiado. Nese mesmo espazo, haberá unha sesión ás 16.45 dedicada á autoedición no que intervirán representantes de Estaleiro Editora, Trifolium, Proxecto Corsarias e Proxecto Derriba.
O espazo central da Feira, o Salón, dedicarase á literatura cos encontros con Ameixeiras (ás 18.00 horas), Iolanda Zúñiga (ás 18.30) e Lopo (ás 19.00 horas. Os tres estarán acompañados por Iago Martínez. Ás 19.30 presentarase De sombras e poemas que son casas de Xosé María Álvarez Cáccamo, primeiro título da colección Antoloxía Poética Sonora. Ás 20.00 horas, no Faiado presentarase a obra Non conciliados, do Cineclube de Compostela. Estes son algúns exemplos da ampla programación do Culturgal para hoxe, que se pode consultar na web. www.culturgal.com.
Fonte: www.xornal.com
Estrofas de 4 versos
Foto: Marcos García
A COPLA, catro versos de arte menor, riman en asoante os pares e quedan soltos os impares
Exemplo: Cuando me pongo a cantar
me salen en vez de coplas -a-Exemplo: Cuando me pongo a cantar
las lágrimas de los ojos ---
los suspiros de tu boca. -a- (Machado)
SEGUIDILLA (Catro versos, o 1º e o 3º de 7 sílabas e o 2º e 4º de 5 sílabas), riman en asoante ou en consoante alternativamente, tamén poden rimar os de 5 e quedan soltos os de 7. As veces a seguidilla vai seguida dun bordón (conxunto de 3 versos, o 1º e 3º de cinco sílabas con rima asoante, o segundo de 7 sílabas, vai solto).
Exemplo: Torerillo en Triana -a-
frente a Sevilla -b-
Cántale a la sultana -a-
tu seguidilla. -b- (G. Diego)
Pues andáis en las palmas ---
ángeles santos -a-
que se duerma mi niño ---
¡tened los ramos! -a- (Lope de Vega)
Moitas veces a SEGUIDILLA é como sigue:
Exemplo: Una fiesta se hace --
con tres personas -a
una baila, otra canta -- (con bordón)
y el otro toca. -a
Ya me olvidaba -b
de los que dicen "ole" --
Y tocan palmas. -b (Machado)
CUADERNA VÍA. Utilizouse polos poetas do Mester de Clerecía durante os séculos XIII e XV. Algúns chámanlle "TETRÁSFORO MONORRIMO", son catro versos alejandrinos (14 sílabas) que riman entre sí.
Exemplo: Mester traigo fermoso non es de juglaría
mester es sin pecado, ca es de clerecía,
fablar curso rimado por la cuaderna vía
a sílabas cunctadas, ca es grant maestría.
(Libro de Alexandre, posiblemente de Gonzalo de Berceo o Juan Lorenzo de Astorga)
REDONDILLA Catro versos octosílabos que riman en asoante: 1º-4º, 2º-3º)
Exemplo: La tarde más se oscurece a
y el camino que serpea b
y dévilmente blanquea b
Se enturbia y desaparece a
CUARTETA Catro versos octosílabos que riman en asoante 1º-3º; 2º-4º
Exemplo: Y todo un coro infantil
va cantando la lección
mil veces ciento mil, cien mil
mil veces mil, un millón.
*NOTA* O CUARTETO é unha redondilla de arte maior. O SERVENTESIO é unha cuarteta de arte maior.
CUARTETO. Catro versos de arte maior que riman como a Redondilla ABBA
SERVENTESIO. Catro versos de arte maior que riman como a Cuarteta ABAB
O SONETO Chámaselle tamén "estrofa mixta". Composición poética de orixen Italiano, formada por 14 versos endecasílabos é dicir 11 silabas cada un, ou Alexandrinos (catorce sílabas), distribuídos en dous cuartetos e dous tercetos.
Os cuartetos deben compartir as mesmas rimas, e os tercetos poden compoñerse a gusto do poeta coa única condición de que compartan polo menos unha rima.
Se ben no soneto clásico adoita presentar o esquema CDC DCD ou CDE CDE, a estructura métrica do soneto é, pois, ABBA ABBA e CDC DCD ou CDE CDE.
A partir do s. XIX compóñense sonetos con versos alejandrinos e incluso con versos de arte menor, tamén se usa o serventesio en lugar do cuarteto.
SONETO CON ESTRAMBOTE. O estrambote (do italiano strambotto) é un verso ou serie de versos que se engaden a un poema de estrutura fixa, como o soneto. Un exemplo de soneto con estrambote é "Ao túmulo do rei Felipe II en Sevilla", de Miguel de Cervantes; aos catorce versos de que consta o soneto engádense tres máis, que constitúen o estrambote.
O soneto con estrambote persegue case sempre unha finalidade humorística; é de notar que do substantivo estrambote deriva o adxectivo estrambótico, que significa, segundo a Real Academia Española, "extravagante, irregular e sen orde".
O soneto con estrambote persegue case sempre unha finalidade humorística; é de notar que do substantivo estrambote deriva o adxectivo estrambótico, que significa, segundo a Real Academia Española, "extravagante, irregular e sen orde".
Voto a Dios que me espanta esta grandeza
y que diera un doblón por describilla,
porque ¿a quién no sorprende y maravilla
esta máquina insigne, esta riqueza? (Miguel de Cervantes Saavedra)
Outros artigos de interés:
- A negra terra: Manuel Rivas
-A estrofa- Estrofas de 2 versos
-A Rima
jueves, 25 de noviembre de 2010
Si o Outono non Crebara o tempo - María Mariño (1907-1967)
Si o Outono non crebara o tempo
non se erguía en verso longo o poeta,
o trobeiro que en liña chega á meta
arrola a cume, espaia a néboa, achega o vento.
Os cantores esquecen o seu día
e dóense do que saben que lles chega.
Quece o zoco no ourizo e na nebra.
Vela o arbre a súa en lousa compañía.
Alumea o souto a esperanza soia,
a que onte viveu na súa sombra amiga,
espera hoxe o que dela quedou fóra.
Roda do carro que, entre lousa e folla,
vas trocando por mañán cantiga
atopas noite, atopas día e quedas soia!
Cedrón e Pato unen no seu disco tradición galega e música clásica
Cristina Pato e Rosa Cedrón /LAVANDEIRA JR
Rosa Cedrón e Cristina Pato forman a parella artística Soas, que onte viu nacer o seu primeiro fillo discográfico co nome de Muller. Neste primeiro álbum conxunto, as dúas intérpretes mesturan a tradición popular galega, letras de destacados poetas do país e a música clásica. “A idea era xuntar as vías que tiñamos as dúas de facer unha viaxe pola tradición popular e pola clásica a través da nosa literatura”, explicou Cristina Pato. Nesa viaxe, as dúas artistas non estiveron totalmente soas, xa que contaron coa compaña do compositor Octavio Vázquez. “Mestúranse dúas tradicións: a popular galega e a clásica occidental. O resutado é moi satisfactorio”, sinalou Vázquez.
A voz deste disco é a cantante Rosa Cedrón que, xunto a Cristina Pato, inicia esta nova aventura musical da man do selo discográfico Fol. “Este disco é un soño feito realiade. Para min foi unha volta atrás, a esa parte clásica que unimos coa popular”, recoñeceu a que fora cantante do grupo Luar na Lubre.
CATORCE TEMAS
O disco contén un total de catorce cancións cuxas letras están asinadas por grandes poetas do país. Pato e Cedrón cantan así Negro Caravel e Soedades, de Rosalía de Castro; María Soliña, de Celso Emilio Ferreiro; Máis amor, de Yolanda Castaño; Os teus ollos e Unha noite na eira do Trigo, de Curros Enríquez; Pomba dourada, de Cunqueiro, ou a peza tradicional Heicho de dar. Entre elas atópanse tres interludios e un epílogo musical –asinado por Pato e Cedrón– pecha o álbum. “Comezamos este disco Muller con tres versións de temas populares. Logo temos os interludios até chegar a parte central do disco”, explicou a gaiteira Cristina Pato.
O álbum xa se atopa á disposición do público tanto no formato tradicional de álbum como na rede. “É un disco adaptado á realidade do mercado. Atópase xa nas tendas de discos, pero tamén hai unha versión dixitalizada que se pode descargar en Internet de forma legal”, explicou Fernando Luaces, de Folmusica, que engadiu que “é un traballo cheo de detalles e mesmo cun sentido terapéutico”.
XIRA EN PRIMAVERA
As dúas intérpretes galegas aproveitaron a presentación do seu disco para adiantar que teñen pensado realizar unha xira conxunto a partir da primavera. Non obstante, o inicio discográfico conxunto non significa que vaian abandonar as súas carreiras en solitario. “O nacemento do dúo xa foi hai tempo. Iso non quere dicir que non vaiamos seguir coa nosa carreira en solitario”, subliñou a gaiteira Cristina Pato.
Neste dúo artístico chamado Soas, tanto a cantante como a instrumentista conseguen unha nova senda de comunicación co público. “É unha nova vía de expresión que atopamos as dúas”, sinalou a gaiteira. No seu horizonte máis inmediato, nin Pato nin Cedrón teñen previsto poñerse a traballar nun segundo proxecto discográfico conxunto. “Non podemos dicir polo momento se haberá un segundo disco dentro dun ano ou dentro de quince”, explicou Cristina Pato, que lembrou que contaran coa participación da Orquestra de Bratislava para o disco.
As dúas artistas –que estiveron acompañadas na presentación do disco por Loaces e pola súa produtora executiva Patricia Hermida, de Mare– aproveitaron o seu primeiro contacto coa prensa para interpretar un dos temas que se inclúen no disco, Unha noite de eira do trigo, do poeta celanovés Manuel Curros Enríquez. Con esa peza pechouse a presentación no CGAC
Fonte: Xornal.com
miércoles, 24 de noviembre de 2010
A estrofa - Estrofas de dous versos
Foto: Marcos García
A ESTROFA é a combinación de versos que se repiten ao longo dun poema, segundo o número de se versos, clasifícanse en:
Dous versos
Pareado: medida e clase de rima indiferentes, esquema métrico: aa / AA.
É dicir, pode ser de arte maior ou arte menor.
Arte menor: Yo vi sobre un tomillo
quejarse un pajarillo (Villegas)
Arte maior: Y antes que poeta, mi deseo primero
hubiese sido ser un buen banderillero (Machado)
Aleluia (cuarta acepción no DRAE) é un pareado de arte menor,
comúnmente de versos octosílabos.
Alegría: composición de dous versos, un pentasílabo e outro decasílabo, propio da composición flamenca da que toma o nome, a alegría.
Dístico elegiaco: imitación da forma clásica.
O DRAE reserva o nome de pareado para o par de versos que teñan algún tipo de rima, mentres pode utilizarse dístico tamén para versos libres.
Chámase cosante a unha composición baseada no pareado, ao que se une un retrouso.
Outros artigos:
-A lavandeira da noite (Carlos Núñez e Noa)
-Versos de arte maior
-Versos de arte menor
-A métrica apuntes de literatura
-O poeta como un pequeno Deus
A ESTROFA é a combinación de versos que se repiten ao longo dun poema, segundo o número de se versos, clasifícanse en:
Dous versos
Pareado: medida e clase de rima indiferentes, esquema métrico: aa / AA.
É dicir, pode ser de arte maior ou arte menor.
Arte menor: Yo vi sobre un tomillo
quejarse un pajarillo (Villegas)
Arte maior: Y antes que poeta, mi deseo primero
hubiese sido ser un buen banderillero (Machado)
Aleluia (cuarta acepción no DRAE) é un pareado de arte menor,
comúnmente de versos octosílabos.
Alegría: composición de dous versos, un pentasílabo e outro decasílabo, propio da composición flamenca da que toma o nome, a alegría.
Dístico elegiaco: imitación da forma clásica.
O DRAE reserva o nome de pareado para o par de versos que teñan algún tipo de rima, mentres pode utilizarse dístico tamén para versos libres.
Chámase cosante a unha composición baseada no pareado, ao que se une un retrouso.
Outros artigos:
-A lavandeira da noite (Carlos Núñez e Noa)
-Versos de arte maior
-Versos de arte menor
-A métrica apuntes de literatura
-O poeta como un pequeno Deus
martes, 23 de noviembre de 2010
A Lavandeira da noite "Carlos Núñez & Noa"
Fonte: Youtube
A lavandeira da noite
Era unha noite de lúa,
Era unha noite clara,
Eu pasaba po-lo río,
da volta da muiñada!
Topei unha lavandeira
Que lavaba ó par da y-agua
Ela lavaba no río,
E unha cántiga cantaba:
Moza que ves do muiño,
Moza que vas pola estrada.
Axúdame a retorcer
Miña sábana lavada.
Desaparece a lavandeira
Como fumeira espallada
Onde as sábanas tendera
Poza de sangue deixara!
Era unha noite de lúa,
Era n'unha noite clara
Calveiro, Manuel Rivas e Iolanda Zúñiga participarán no Culturgal
Culturgal reunirá a partir deste venres os autores máis destacados da literatura galega, xa que as letras do país estarán presentes en todas estancias da gran casa da cultura galega na que se converterá Pontevedra. Deste xeito, autores como Manuel Rivas, Diego Ameixeiras. Iolanda Zúñiga, Antón Lopo, Xurxo Sierra, Marcos Calveiro ou Manuel Portas participarán no Culturgal.
O formato que se empregará, no maioría de casos, será un intercambio entre un escritor e un xornalista cultural. Os periodistas que participarán serán Iago Martínez, xefe de Cultura de Xornal de Galicia, ademais de Belén Regueira ou Camilo Franco.
Culturgal 2010 recupera deste xeito os faladoiros de salón que foron noutro tempo os maiores motores de intelectualidade occidental. Polo salón do Culturgal pasarán o venres os autores Diego Ameixeiras –que presentará Asasinato no Consello Nacional–, Iolanda Zúñiga –que falará de Periferia– e Antón Lopo, que vén de gañar o premio García Barros coa obra Obediencia. O entrevistador para estes tres faladoiros será Iago Martínez.
Xurxo Sierra Veloso e Iván García Campos serán os interlocutores dos faladoiros de salón do sábado e sentaranse fronte á xornalista Belén Regueira. Sierra Veloso debullará na conversa o seu último texto, Os fíos, gañador do Premio Repsol. Iván García Campos é unha das sorpresas do ano coa súa primeira novela, O imposible de desatar, Premio Blanco Amor 2010. Este libro compón un retrato da cara oculta da sociedade actual, dos conflitos persoais, da soidade e a incomunicación, cun xeito de narrar novo.
A mañá do domingo estará dedicada á literatura infantil e xuvenil, coa intervención de Fina Casalderrey, Elena Gallego e Teresa González Costa. Pola tarde, Manuel Rivas, Marcos Calveiro e Manuel Portas conversarán co xornalista e escritor Camilo Franco. Manuel Rivas, debullará a súa última novela, Todo é silencio. Despois, Marcos Calveiro, un dos narradores revelación, falará das súas dúas últimas obras: Settecento e O pintor do sombreiro de malvas. Finalmente, Manuel Portas pechará os faladoiros de salón do Culturgal, cunha conversa sobre súa primeira novela, Denso recendo a salgado.
Outras presentacións de libros que terán lugar no Culturgal serán a de En castellano no hay problema, de Carlos Callón; De sombras e poemas que son, de Xosé María Álvarez Cáccamo, ou Abelcebú, de Carlos Negro
Ademais, haberá un combate poético no patio o domingo ás sete da tarde no que participarán dous equipos diferentes de na velada poética chamada Hostias en verso.
Outros artigos:
-Versos de arte maior
-O verso e a prosa
-A beleza
-A negra terra - Manuel Rivas
Etiquetas:
Antón Lopo,
cultura galega,
Culturgal,
Diego Ameixeiras,
Iolanda Zúñiga,
Manuel Portas,
Manuel Rivas,
Marcos Calveiro,
poesía,
Xurxo Sierra
lunes, 22 de noviembre de 2010
A Rima
Foto: Marcos García
A RIMA é a igualdade o semellanza das terminacións entre dous ou máis versos. Contribúe ao ritmo e á musicalidade do poema. Pode ser: Consoante e Asoante.
ASOANTE. Cando teñen iguais os vogais a partir do último vogal acentuado
Exemplo: Alcen las cabezas
los verdes alisos
y con frutos nuevos
almendros floridos (Lope de Vega)
CONSOANTE. Teñen iguais todos os seus sons a partir do último vogal acentuado
Exemplo: Lejana se pierde la tierra desnuda
con hiero amasada, son sangre y con llantos.
El silencio vibra y en llama muda
ni un árbol, ni un homre, ni un humo, ni un canto. (Enrique de Mesa)
VERSOS SOLTOS. Son aqueles que non riman con ningún outro verso
Exemplo: En el anterior de (Lope de Vega) Cabezas y nuevos no riman
Nos versos que rematen en palabra esdrúxula non se ten en conta a sílaba postónica.
Exemplo: Se queda más solo y lóbrego
Bajo la luna de oro (Juan Ramón Jiménez)
Cando na sílaba tónica ou na final hai ditongo, só se ten en conta o vogal máis aberto, para efecto de rima asonante.
Exemplo: Despertaba el día
y en su albor primero
con sus mil ruidos
despertaba al pueblo
ante aquel contraste
de vida y de misterio
de luz y tinieblas
medité un momento
¡Dios mío, que sólos
se quedan los muertos! (Bécquer)
Outros artigos:
-Negra Sombra "Rosalía de Castro"
- A beleza
-Literatura
A RIMA é a igualdade o semellanza das terminacións entre dous ou máis versos. Contribúe ao ritmo e á musicalidade do poema. Pode ser: Consoante e Asoante.
ASOANTE. Cando teñen iguais os vogais a partir do último vogal acentuado
Exemplo: Alcen las cabezas
los verdes alisos
y con frutos nuevos
almendros floridos (Lope de Vega)
CONSOANTE. Teñen iguais todos os seus sons a partir do último vogal acentuado
Exemplo: Lejana se pierde la tierra desnuda
con hiero amasada, son sangre y con llantos.
El silencio vibra y en llama muda
ni un árbol, ni un homre, ni un humo, ni un canto. (Enrique de Mesa)
VERSOS SOLTOS. Son aqueles que non riman con ningún outro verso
Exemplo: En el anterior de (Lope de Vega) Cabezas y nuevos no riman
Nos versos que rematen en palabra esdrúxula non se ten en conta a sílaba postónica.
Exemplo: Se queda más solo y lóbrego
Bajo la luna de oro (Juan Ramón Jiménez)
Cando na sílaba tónica ou na final hai ditongo, só se ten en conta o vogal máis aberto, para efecto de rima asonante.
Exemplo: Despertaba el día
y en su albor primero
con sus mil ruidos
despertaba al pueblo
ante aquel contraste
de vida y de misterio
de luz y tinieblas
medité un momento
¡Dios mío, que sólos
se quedan los muertos! (Bécquer)
Outros artigos:
-Negra Sombra "Rosalía de Castro"
- A beleza
-Literatura
domingo, 21 de noviembre de 2010
Versos de Arte Maior
Foto: Marcos García
ENEASÍLABO- Verso de 9 sílabas
Exemplo: Hay que morir sin compañía
esposa mía y compañera
tuya es mi vida toda entera
¡pero mi muerte es sólo mía! (Pemán)
DECASÍLABO- Verso de 10 sílabas
Exemplo: Allá en la playa, quedó la niña
¡arriba el ancla se va el vapor!
el marinero entre dientes
se hunde en el agua trémulo el sol. (R. Darío)
DODECASÍLABO- Verso de 12 sílabas
Exemplo: Hemos de ser justos, hemos de ser buenos,
hemos e embriagarnos de paz y de amor,
y llevar el alma siempre a la flor del labio
y desnudo y limpio nuestro corazón. (R. Darío)
TRIDECASÍLABO- Verso de 13 sílabas
Exemplo: Yo palpito tu gloria mirando sublime
noble autor de los vivos y varios colores
te saludo si puro matizas las flores
te saludo si esmaltas fulgente la mar. (Orellana)
ALEJANDRINO- Verso de 14 sílabas
Exemplo: Braman los troncos en su feraz orilla
y los potros retoza. un jinete vaquero
pasea con su garrocha y su moruna silla
¿será un abencerraje o un moro guerrillero
que no quiso entregarse al conquistar Sevilla? (Villalón)
PENTADECASÍLABO- Verso de 15 sílabas
Exemplo: En el momento de más fiereza de la jornada
¡florón invicto solo aguardando para tus glorias!
las enemigas naves se hundieron bajo tu espada,
que era en tu mano la del Arcángel de las Victorias. (Morales)
O ENDECASÍLABO, o verso de 11 sílabas, comparte co OCTASÍLABO a primicia da métrica española. É de orixen italiano, introducido en España por Garcilaso a principios del s. XVI. Dende entón, ningún poeta deixou de emplealo ainda que tamén hai que dicir que o principio moitos poetas españois, opuxéronse a reforma, alegando entre outras cousas que se ía abandonar o metro tradicional. Según os acentos, recibe distintos nomes:
- Heróico (Acento en la 6ª - 10ª)
Exemplo: El dulce lamentar de dos pastores (Garcilaso)
- Italiano (Acento en la 4ª, 8ª y 10ª, cuando lo lleva en la 1ª o 2ª se llama Sáfico)
Exemplo: Dulce vecino de la verde selva (Villegas)
- De gaita Galega (Acento en la 4ª, 7ª y 10ª, algunas veces en la 1ª)
Exemplo: Y con la gente morena y huraña
hace su entrada triunfal en españa (Rubén Darío)
Outros artigos:
-Versos de arte menor
- A métrica
-O verso e a prosa
ENEASÍLABO- Verso de 9 sílabas
Exemplo: Hay que morir sin compañía
esposa mía y compañera
tuya es mi vida toda entera
¡pero mi muerte es sólo mía! (Pemán)
DECASÍLABO- Verso de 10 sílabas
Exemplo: Allá en la playa, quedó la niña
¡arriba el ancla se va el vapor!
el marinero entre dientes
se hunde en el agua trémulo el sol. (R. Darío)
DODECASÍLABO- Verso de 12 sílabas
Exemplo: Hemos de ser justos, hemos de ser buenos,
hemos e embriagarnos de paz y de amor,
y llevar el alma siempre a la flor del labio
y desnudo y limpio nuestro corazón. (R. Darío)
TRIDECASÍLABO- Verso de 13 sílabas
Exemplo: Yo palpito tu gloria mirando sublime
noble autor de los vivos y varios colores
te saludo si puro matizas las flores
te saludo si esmaltas fulgente la mar. (Orellana)
ALEJANDRINO- Verso de 14 sílabas
Exemplo: Braman los troncos en su feraz orilla
y los potros retoza. un jinete vaquero
pasea con su garrocha y su moruna silla
¿será un abencerraje o un moro guerrillero
que no quiso entregarse al conquistar Sevilla? (Villalón)
PENTADECASÍLABO- Verso de 15 sílabas
Exemplo: En el momento de más fiereza de la jornada
¡florón invicto solo aguardando para tus glorias!
las enemigas naves se hundieron bajo tu espada,
que era en tu mano la del Arcángel de las Victorias. (Morales)
O ENDECASÍLABO, o verso de 11 sílabas, comparte co OCTASÍLABO a primicia da métrica española. É de orixen italiano, introducido en España por Garcilaso a principios del s. XVI. Dende entón, ningún poeta deixou de emplealo ainda que tamén hai que dicir que o principio moitos poetas españois, opuxéronse a reforma, alegando entre outras cousas que se ía abandonar o metro tradicional. Según os acentos, recibe distintos nomes:
- Heróico (Acento en la 6ª - 10ª)
Exemplo: El dulce lamentar de dos pastores (Garcilaso)
- Italiano (Acento en la 4ª, 8ª y 10ª, cuando lo lleva en la 1ª o 2ª se llama Sáfico)
Exemplo: Dulce vecino de la verde selva (Villegas)
- De gaita Galega (Acento en la 4ª, 7ª y 10ª, algunas veces en la 1ª)
Exemplo: Y con la gente morena y huraña
hace su entrada triunfal en españa (Rubén Darío)
Outros artigos:
-Versos de arte menor
- A métrica
-O verso e a prosa
sábado, 20 de noviembre de 2010
viernes, 19 de noviembre de 2010
Josep María Castellet é o gañador do Premio Nacional Das Letras
Nesta edición, o xurado estivo presidido polo director xeral de Libro, Arquivos e Bibliotecas, Rogelio Blanco; mentres que a subdirectora xeral adxunta de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas, Mónica Fernández, actuou de vicepresidente, no que tamén participou, entre outros, o galego Xosé Ramón Barreiro.
“SORPRENDIDO E ENCANTADO”
Nacido en Barcelona en 1926, o escritor, editor e crítico literario mostrouse “sorprendido” e “encantado” de recibir o Premio Nacional das Letras Españolas 2010, asegurando que sempre defendeu unha “vontade de concordia entre as linguas e as culturas españolas”, aínda que advirte de que estas relacións están actualmente “un pouco distanciadas”.
“Sospeito que me deron o galardón por toda unha serie de actividades que desenvolvín na miña vida e polo interese enorme por facer contactos entre as linguas”, declara este autor, a quen se lle considera un dos críticos máis influentes na renovación técnica e estética que supuxo a xeración dos 70, e que recoñece como seus autores de referencia a Rafael Alberti ou Carles Riba.
Fonte: www.xornal.com
Versos de arte menor - Apuntes de literatura
Os versos son de arte maior ou de arte menor. Son VERSOS DE ARTE MENOR os que teñen 8 ou menos sílabas.
En castelán, non existen versos dunha soa sílaba, pois se esta vai soa ten que ser aguda e polo tanto hai que engadirlle unha máis. Outros versos:
-De dúas sílabas, Bisílabos: "leve, breve, son" (Espronceda)
-De tres sílabas, Trisílabos:"Perfilan / sus líneas / de mozos / los chopos " (Jorge Guillén)
-De 4 sílabas, Tetrasílabos: "Veinte presas / hemos hecho / a despecho / del inglés" (Espronceda)
-De 5 sílabas, Pentasílabos: "Aguas dormidas/ verdura densa / piedra de oro / cielo de plata" (Unamuno)
-De 6 sílabas, Hexasílabos: "Salen de Valencia / noche de San Juan / mil coches de damas / al fresco del mar" (Lope de Vega)
-De 7 sílabas, Heptasílabos:
"Los días van pasando
van pasando los meses
las flores y los pájaros
han vuelto y tu no vuelves" (G. Diego)
-De 8 sílabas, Octosílabos. Son os versos máis importantes de arte menor, é o verso español por excelencia, é o dos romances e o de case todas as cancións e coplas populares.
Distínguense 4 clases de OCTOSÍLABOS, segundo leven colocados os acentos:
-TROCAICO- o acento----3ª----7ª
-DACTÍLICO- o acento----1ª---4ª----7ª
-MIXTO-----o acento----2ª----7ª (e outro en 4ª ou 5ª)
Os tres adoitan mesturarse ao longo dunha mesma composición
Exemplo: Abenámar, Abenámar (Trocaico)
moro de la morería (Dactílico)
el día que tu naciste (mixto)
grandes señales había (mixto) (Anónimo)
Outros artigos:
-A beleza - Apuntes de literatura
-A literatura
-O verso e a prosa
- A métrica
- O poeta como un pequeno Deus
jueves, 18 de noviembre de 2010
A métrica - Apuntes de literatura
É bo VERSIFICADOR o que cumpre cos mandatos da métrica e é bo poeta o que ademais expresa ideas e sentimentos belos.
Para medir un verso (non fai falta unha fita métrica) hai que contar as sílabas que coinciden coas gramaticais, pero tendo en conta certas regras especiais.
SINALEFA
-Pódense unir dous vogais
"Canta a túa estrofa, cálida cigarra" (Salvador Rueda)
"....TUES-TRO-FA"
-Outras veces pódense unir includo 3 vogais:
"...Y lasa estende o seu verdor a parra". A-CIAEX-TIEN-DE
-Mesmo poden unirse máis de 3 vogais pero é pouco frecuente.
"morta, a lingua a Eurídice respira" (Jauregui)...LEN-GUAAEU-RÍ-CI-DE
Moi a miúdo o poeta renuncia a facer uso da sinalefa sobre todo se o segundo vogal é tónico
Outras veces o poeta renuncia a unir os vogais cando hai máis de dúas seguidas: "Tamén a pedra, se hai estrelas, voa" Neste exemplo pode non querer facer a sinalefa onde di SE HAI ES...hay moitos vogais xuntos.
A "H" non é obstáculo para a sinalefa, pero ata o s. XVI inclusive, si o era, xa que a "H" non era muda, senón aspirada.
DIÉRESE. Separación de dous vogais en sílabas distintas
SINÉRESE. É o contrario da diérese. Dous vogais que forman que forman ditongos reúnense nunha soa sílaba.
"O no lazo fatal cae da morte" (Meléndez Valdés) (11 Sílabas)
ACENTOS NA TERMINACIÓN. Se o verso remata en verba aguda, súmase unha sílaba, se é chaira déixase como está e se é esdrúxula, réstaselle unha sílaba.
Outras entradas:
- O poeta como un pequeno Deus
-A beleza - Apuntes de literatura
- A literatura
-Verso e prosa - Apuntes de literatura
miércoles, 17 de noviembre de 2010
O verso e a prosa - Apuntes de literatura
A verba PROSA derívase do latín prorsus que quere dicir "que anda en línea recta". O VERSO faino en versus; volto.
Na prosa interesa "andar" cara a adiante, o verso obríganos a "volver", a desandar o camiño.
O verso é cada unha das liñas, por iso non podemos dicir "recitar un verso", sería unha soa liña.
Non todo o que está escrito en verso é poético, debe ter a virtude de conmovernos, de producir gozo, deleite ou emoción.
Exemplo: Dúas seguidillas, unha de Torres Villaroel (s. XVIII)
Anda la muerte lista
con su guadaña
aquí corta, allí trincha
y acá rebaña
Que es tan ceñuda
que ni cetros respeta
ni caperuzas.
A segunda de Manuel Machado (S. XX)
Todas las primaveras
tiene Sevilla
una nueva tonada
de seguidillas.
Nuevos claveles
y niñas que por mayo
se hacen mujeres.
A de Torres Villaroel é seca, triste e sen encanto, a de Manuel Machado comunica alegría luminosidade e especial atractivo.
RITMO (Xa tratado no poeta como un pequeno Deus), é a repetición periódica dun determinado fenómeno; cando imos no tren que unido das rodas aparece, ás veces, cortado por un golpe seco (ritmo) ao tomar o pulso percíbese un golpe de sangue periodicamente; tamén as estacións do ano se suceden ritmicamente.
No verso, la verba debe someterse a ritmo, en cambio na prosa desenvólvese libremente.
Exemplo: No poema de Calderón de la Barca
Cristal brotaron las fuentes
para que beban las almas
y tus cabellos son palmas
nacidas a sus corrientes.
Vemos que todos os versos son de 8 sílabas, acentúanse na penúltima e facemos unha pausa ao final de cada liña e os versos 1º e 4º teñen a mesma terminación (entes) isto fai que o poema teña ritmo.
En grego e latín existía o "pé metálico " que en español foi substituído polo cómputo de sílabas e o isosilabismo.
PROSA POÉTICA é aquela que carecendo de recursos rítmicos acusados, ten non obstante, harmonía e sonoridade e expresa sentimentos propios da poesía
Outros artigos de interés:
-A Beleza- Apuntes de literatura
-A literatura- Apuntes
-O poeta como un pequeno Deus
-O ritmo- o poeta como un pequeno Deus
martes, 16 de noviembre de 2010
A Literatura- Apuntes
Divídese en culta e popular. A primeira é a escrita polos autores. A segunda é a que se transmite oralmente por medio de verbas, de xeración en xeración.
Con frecuencia os grandes autores españois inspiráronse en temas do pobo, así acontece cos romances anónimos da Idade Media que se converteron en artísticos grazas aos poetas do Século de Ouro, XVI e XVII e ata pasaron ao teatro. (Lope de Vega e García Lorca)
A OBRA LITERARIA é un breve poema, un conto, unha novela ou un discurso. Cabe distinguir nela dúas partes: O FONDO e a FORMA, que se condicionan mutuamente e que non se poden estudar separadamente.
-FONDO. As ideas, pensamentos ou sentimentos
-FORMA. Os revestimentos lingüísticos do fondo.
Fondo e Forma van unidos como as dúas caras dunha moeda.
O ESTILO é o conxunto de trazos que caracteriza unha obra literaria. A ciencia que se ocupa do estilo denomínase ESTILÍSTICA. O escritor, aínda que usa unha lingua común, preocúpase pola súa expresión para alcanzar a beleza. Para iso utiliza un léxico máis abundante e dá entrada a fórmulas de expresión que resultarían chocantes na lingua ordinaria.Non hai un modelo de lingua literaria, cada autor e cada época ten un ideal distinto. Juan Valdés dicía: "Escribo como falo", Góngora aseguraba, "honra causoume facerme escuro".
No século XIX prevaleceu o gusto pola énfase retórica e o inchazo expresivo, hoxe prefírese a sinxeleza e a llaneza.
É imposible poñer condicións á creación literaria, todos os artistas adoitan quebrantar as normas e rematan por impoñer as que el observou.
A IMAXINACIÓN opera sobre dous medios: A observación e a lectura.
O importante nun escrito é ter as ideas claras e expresalas con enerxía, convicción e novidade.
Outros artigos:
-A Beleza apuntes de literatura
-O poeta como un pequeno deus
-O deseño dun poema
lunes, 15 de noviembre de 2010
A Beleza - Apuntes de literatura
A beleza e outras categorías non menos importantes e a ter en conta na literatura
Chamamos ARTE á actividade espiritual que tende a dotar as creacións humanas dunha forma bela.
A ESTÉTICA é a ciencia que se ocupa do belo
BELO é, segundo Santo Tomás, aquilo que o contemplalo procura pracer espiritual inmediato.
Hai dúas clases de beleza: A natural e a artística. A primeira é a que se presenta nos seres e fenómenos da natureza: Exemplo: Unha posta de sol, unha fervenza, unha flor
BELEZA ARTÍSTICA é a que produce o home: Exemplo: Unha estatua, unha sinfonía, un poema.
A FEALDADE pode ser tamén natural ou artificial. A primeira podémola atopar ao mirar a noso arredor, o cal non quere dicir que sexa para todos igual. A segunda preséntase como resultado falido dunha intención artística. Exemplo: Algunhas esculturas, cadros presentados nalgunha exposición, poemas publicados en revistas e xornais, música escoitada na radio ou vista na televisión.
Ademais do belo e do feo, esisten outras categorías moi importantes:
-Exemplo: O sublime, o maxestoso, o bonito, o gracioso, o tráxico, o patético, o dramático, o cómico, o ridículo, o humorítico, o satírico, o irónico ou o plaxio
SUBLÍMEO é a impresión que arrepía o espírito polo seu carácter sobrenatural.
O MAXESTOSO é beleza unida a grandeza
LINDO ou BONITO é beleza das cousas pequenas.
O GRACIOSO engade ao deleite alegría superficial.
O TRÁXICO xorde da loita do home contra a adversidade.
O PATÉTICO produce horror ao contemplalo.
O DRAMÁTICO despréndese un conflito doloroso, pero dentro duns límites.
O CÓMICO excita á risa aberta.
O RIDÍCULO choca cunha situación normal.
O HUMORÍSTICO é a impresión que produce o absurdo cando se describe como cousas normais.
O SATÍRICO é unha crítica de costumes ou defectos
O IRÓNICO ese humor que inclúe sátira e, ás veces con censura.
O PLAXIO é a copia ou imitación dun modelo, con pretensións de orixinalidade.
Outros artigos:
-O poeta como un pequeno Deus
-O deseño dun poema
domingo, 14 de noviembre de 2010
O Diseño dun poema - O poeta como un pequeno Deus
Antes de comezar a escribir un poema, deberiamos coñecer o seu aspecto, como cando facemos un postre ou calcetamos un xersei, antes visualizamos o seu aspecto final.
Na poesía tradicional, o formato do poema está preestablecido por unhas normas ríxidas que encorsetan o poeta a axustar dentro dun plano limitado o seu pensamento.
Na poesía actual as palabras distribúense sen unha orde aparente, o autor goza de liberdade para dispoñer.
Os formatos desaparecen a favor da calidade do concerto poético. Pérdese a forma e nace o fondo.
Non temos ante nós un coro que canta senón que escoitamos os anxos ao abrir un libro.
Outros artigos
- O poeta como un pequeno Deus
- Segredos poéticos
- A creación poética
- Deixar fluir
- Cortar
- Buscar el ritmo
- Xogar coas verbas
- A imaxen
- Ideas para traballar un poema
viernes, 12 de noviembre de 2010
Ideas para traballar un poema - O poeta como un pequeno Deus
Ideas e proxectos para traballar un poema:
A) Busquemos visualmente pozos de inspiración. Colocar sobre o noso escritorio e o seu ámbito: Fotos, cadros, obxectos, flores, libros, frases e un ecétera que nos poida suxerir, e sen pretender escapar ao obvio ter moi preto google.
B) Unha vez elixido o noso obxecto ou idea entre toda esa silva, busquemos unha imaxe e unha vez neste punto, pechemos os ollos e concentrémonos soamente nela, pensando en que foi o que nos chamou a súa atención.
A inspiración é un potente foco dirixido co que debemos buscar e reter a imaxe que se nos pretende escapar cara á escuridade.
C) Cada día poderiamos intentar escribir dun modo surrealista unha pequena porción dun folio. Con este exercicio ábrese paso ao inconsciente sen que o corte a razón.
Outros artigos:
-O poeta como un pequeno Deus
-Segredos poéticos
-A Creación Poética
-Deixar fluir
-Cortar
-Xogar coas verbas
-A imaxe
-Buscar o ritmo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)