Mostrando entradas con la etiqueta Calderón de la Barca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Calderón de la Barca. Mostrar todas las entradas

miércoles, 17 de noviembre de 2010

O verso e a prosa - Apuntes de literatura



A verba PROSA derívase do latín prorsus que quere dicir "que anda en línea recta". O VERSO faino en versus; volto.

Na prosa interesa "andar" cara a adiante, o verso obríganos a "volver", a desandar o camiño.
O verso é cada unha das liñas, por iso non podemos dicir "recitar un verso", sería unha soa liña.

Non todo o que está escrito en verso é poético, debe ter a virtude de conmovernos, de producir gozo, deleite ou emoción.

Exemplo: Dúas seguidillas, unha de Torres Villaroel (s. XVIII)

Anda la muerte lista

con su guadaña
aquí corta, allí trincha
y acá rebaña
Que es tan ceñuda
que ni cetros respeta
ni caperuzas.

A segunda de Manuel Machado (S. XX)

Todas las primaveras

tiene Sevilla
una nueva tonada
de seguidillas.
Nuevos claveles
y niñas que por mayo
se hacen mujeres.

A de Torres Villaroel é seca, triste e sen encanto, a de Manuel Machado comunica alegría luminosidade e especial atractivo.

RITMO (Xa tratado no poeta como un pequeno Deus), é a repetición periódica dun determinado fenómeno; cando imos no tren que unido das rodas aparece, ás veces, cortado por un golpe seco (ritmo) ao tomar o pulso percíbese un golpe de sangue periodicamente; tamén as estacións do ano se suceden ritmicamente.


No verso, la verba debe someterse a ritmo, en cambio na prosa desenvólvese libremente.

Exemplo: No poema de Calderón de la Barca

Cristal brotaron las fuentes

para que beban las almas
y tus cabellos son palmas
nacidas a sus corrientes.

Vemos que todos os versos son de 8 sílabas, acentúanse na penúltima e facemos unha pausa ao final de cada liña e os versos 1º e 4º teñen a mesma terminación (entes) isto fai que o poema teña ritmo.

En grego e latín existía o "pé metálico " que en español foi substituído polo cómputo de sílabas e o isosilabismo.

PROSA POÉTICA é aquela que carecendo de recursos rítmicos acusados, ten non obstante, harmonía e sonoridade e expresa sentimentos propios da poesía




Outros artigos de interés:

-A Beleza- Apuntes de literatura
-A literatura- Apuntes
-O poeta como un pequeno Deus
-O ritmo- o poeta como un pequeno Deus
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...