Contido do Libro

“O discurso do bosque” e unha obra onde o autor transcribe o que lle murmura o bosque dende a súa perspectiva. O bosque non ten os sentimentos na comprensión do home, non diferenza o ben do mal dende a nosa dimensión, non sabe da existencia das cidades, so pode topar cos muros e cas tapias.

Por riba de todo, non busca culpables, so e capaz de detectar algúns acontecementos, como o feito de se deter un río ente as montañas, ou a desaparición das andoriñas viaxeiras.

“O discurso do bosque” está escrito en versículos, xa que e a única maneira que ten o bosque de expresar os seus sentimentos agochando ideas tras as palabras e os versos, como os fungos que esconde o follaxe.

Cada palabra contén una idea, e cada verso unha imaxe. Agora, e cando o lector debe descubrir a maxia que esconden ditas fórmulas, e facelas súas e diferentes segundo o momento do día ou estado de ánimo de cada quen.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...