sábado, 4 de diciembre de 2010

EXERCICIO POETICO IV



                      Foto: Marcos García

Ainda que me podo definir como autor do meu blog, a verdade e que o blog e de todos os que entrades.
Ainda que son amo da miña finca de bidueiras a carón do río Lerez, son o raposo, o xararil e o corzo os amos. Eles son parte propia finca, eles maís a terra, as pedras, as margaridas, as bidueiras componen a finca, o pedazo de territorio que me pertence por o dereito de ter un papel. ¡sempre os … papeis!.
Asi que Ana, Zeltia, para mín sodes como a curuxa que ten medo pousarse na miña mán, por considerarme un ser extraño, ou Raposo, Maribel-bel que deixades pegadas na braña e no barro, e os páxaros que pasades casi sin me decatar: Gracias.
Entrando en materia poética, pensó que con o que xa temos estaría ben para facer un poema. Agora toca retocar, tixeira-tixeira, cambiar versos de posición, mudar verbas, tocar o pao da máxia e tachán: POEMA
Podedes facer as vosas suxerencias de cómo vos gustaría que quedara o poema e despois poñemos una fecha para facer votacións, e xá.

Maribel-bel dixo:
porque o tempo non existe onde a auga
e chegar a ser só unha esperanza

            e Raposo:
mentres un cabalo salvaxe
galopa nos maís íntimos recordos
rachando co sortilexio
do que nunca fomos               

            E quedaría así:

      A VIDA EN CONSTRUCIÓN

Acariño o envés das túas follas dormidas
acocho a miña pel nas túas bodras e,
con ás poeirentas da avelaiña,
espallo aloumiños nas túas sombras.

Durme o teu sono no berce quedo
que o terciopelo da noite arroupa,
e, entre doces cantos e silencios,
deixote soñar co esplendor da aurora.

Canto eu, fundida nos teus lenzos,
cancións sen rimas nin estrofas
e teño medo que nos esperte amándonos o día
grazas a pegada que deixaches no meu blog.

Son as parvadas que me avergoñan
e sinto a treboada tras os recunchos da alma
porque o tempo non existe onde a auga
e chegar a ser só unha esperanza

mentres un cabalo salvaxe
galopa nos maís íntimos recordos
rachando co sortilexio
do que nunca fomos               

7 comentarios:

  1. Eu deixaría a parte final asi (cambiando un par de palabras), a ver que che parece:
    Son as parvadas que me avergoñan
    e sinto a treboada tras os recunchos da alma
    mentres un cabalo salvaxe
    galopa nos mais íntimos recordos.
    Porque o tempo non existe onde a auga
    rachamos co sortilexio do que nunca fomos
    para chegar a ser só unha esperanza.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  2. Vai a miña aportación, aínda sen pulir demasiado, pero como me gusta este xogo, pois iso. Grazas pola oportunidade para poder verter aquí unhas letras, xunto con todas as persoas que participaron.

    Un saúdo.

    A VIDA EN CONSTRUCIÓN

    Acariño o envés das túas follas durmidas,
    acocho a miña pel nas túas dobras,
    con ás de poeirenta avelaíña
    espallo aloumiños nas túas sombras.
    Durme o teu sono no berce quedo
    que o veludo da noite arroupa
    e, entre doces cantos e silencios,
    déixote soñar co esplendor da aurora.
    Canto eu, fundida nos teus lenzos
    cancións sen rimas ni estrofas
    e temo que, amándonos, nos esperte o día,
    coa pegada da túa luz que no meu blog se cola.

    Son estas parvadas que penso e me avergoñan,
    sinto a treboada tras os recunchos da alma,
    Chegaremos a ser só un alento?
    Porque o tempo non existe de par da auga
    mentres un cabalo salvaxe desbocado
    galopa nas máis íntimas lembranzas
    rachando sortilexios do que nunca fomos…
    Chegaremos a ser só esperanza?

    ResponderEliminar
  3. Non cambio nada e gústanme as mudanzas de Concha e Raposo. Biquiños

    ResponderEliminar
  4. Paréceme un sacrilexio mudar unha soa coma. E moito menos nun código do que me sinto totalmente secularizado. Con todo non podo evitar desexar que aparecesen palabras que aludan ó
    resío caladiño da mañán e, xa que o cabalo do Raposo galopa nos máis íntimos recordos, poidera ser que ese galope fose instigado pola espuela da sempre perenne memoria...

    Saúdos

    ResponderEliminar
  5. Precioso poema brotou de todas as mans; entre todos creais hermosura que leo con outra alma.
    Grazas, Fernando
    Bicos

    Ío

    ResponderEliminar
  6. eu miro, e aprendo.

    un saúdo para todos vós.

    ResponderEliminar
  7. Qué ben vai este poema.
    Estou desexando que o rematedes para ver o resultado final
    Unha aperta para todos

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...