Biografía do Autor

Fernando Sancho, nace en Marín en 1963, no seno de unha familia moi relacionada co mundo do mar. Na súa nenez, un asma infantil levalo a os pobos do interior galego, e alí toma conciencia do cambio que se está a producir na sociedade, vivindo de primeira man o irreversible fenómeno da inmigración cara as cidades, e con dito cambio o abandono do campo. Desta maneira, o autor reflexa na súa obra os feitos irreversibles da man de dito abandono, e da nova sociedade que se amorea nas cidades vivindo de costas o campo e o seu mundo ancestral.



PRESENTACIÓN DE FERNANDO SANCHO COMO NOVO VALOR POETICO
            O 15 DE DECEMBRO DE 2008 NO  “CENTRO SOCIAL DE CAIXAGALICIA”
            EN PONTEVEDRA POLA ESCRITORA PEPY CONZALEZ CLAVIJO.


Fai anos que Fernando emprendeu a singradura que hoxe finalmente chega a porto.

Fernando e unha persoa ávida de saber, de estudar, de coñecer.

Coñecino fai uns anos de unha maneira casual; o meu grupo “Asistad” había dado un recital na Asociación de Veciños San Roque e el asistiu como espectador, o parecer gustoulle o que presentamos, púxose en contacto comigo e dende ese momento entrou a formar parte do grupo.

Pero Fernando desexaba ampliar horizontes e así foi como recalou na “Asociación de Escritores e Artistas Españoles”, onde foi recibido con aplausos.

As súa voz, forte e ben modulada, fai que cando recita, o auditorio o escoita con atención, sabendo que comprenderán todo canto el quere mostrarlle.

A súa poesía está marcada polo mar, ese mar que non puido gozar na nenez, inda co tiña ben preto, pois impedíallo un negocio familiar.

Tamén sente unha forte atracción polo mundo rural e agrícola do interior, xa que debido a un asma infantil, foron Arzúa, Lalín entre outros os seus lugares de veraneo.

Naceu Fernando Sancho Blanco en 1963 en Marín, cursou estudios no seu pobo natal e dende fai mais de vinte anos traballa nunha Cooperativa de Armadores de Marín, tamén ha creado varias empresas relacionadas co mar.

Non e casualidade dita afección polo mar, xa co seu abo paterno tiña fábrica de xeo, a súa bisavoa materna fábrica de salgadura e casa de baños (hoxe talaso). Pero a súa afección a escribir, creo eu, que lle ven polos xenes do seu abo materno Antonio Blanco Porto, unha das figuras da cultura pontevedresa mais importantes do século XX.
E polo seu tío oi lustre arqueólogo Antonio Blanco Freijeiro, que xunto con Celso Emilio Ferreiro traduciron a seis poetas líricos alemáns nunha edición queimada no ano 1951.

 

Colaborou no libro editado pola UNED, no seu aniversario titulado “DE CERCA EN LA DISTANCIA” con su artigo “ LA UNED VISTA DESDE EL CURSO DE ACCESO”, que tivo gran acollida, pois Fernando saca tempo de onde pode, coordinando ben os seus estudos na citada Uned, o seu traballo, e as tarefas do seu fogar e a súa familia.

Os poemas de Fernando son frescos, de vocabulario sinxelo pero profundo, os seus temas como dixen antes son o mar e a natureza, pero tamén fai unha poesía do pensamento, combinada con algún tema do recorrente amor. Sempre dende que se incorporou a Asociación, ou ao taller de poesía como lle chamamos entre nos, colaborou en recitais dende Tui pasando por Arcade, o afamado encontro de poetas de A Rúa e de volta a Pontevedra, así como en charlas poéticas ou en programas de radio como “o rincón dos poetas” de Onda Cero, entre outros.

Por último agradecer os amigos e invitados a vosa presenza, e de seguro que non os defraudará cos seus versos e a súa penetrante voz. Moitas grazas.

                                                           PEPY GONZALEZ CLAVIJO.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...