jueves, 30 de diciembre de 2010

AS MIÑAS BIDUEIRAS, REPOLOS E PORROS

SERIE "AXUDANTE DO BOSQUE"

            Retomando a serie “axudantes do bosque”, lembro que nestas fechas, o bosque caducifolio, está totalmente expido. Hai uns quince días, apreciábase que as ramas da cara norte espíanse antes que as da cara sur. E fermoso mirar o efecto do frío nas polas. 
            Cas árbores expidas e o follaxe mollado de tanta choiva e humidade, non e doado atopar alimento para moitas especies e os refuxios fanse imprescindibles.
            Os pequenos arbustos, os matos, os troncos abertos e as pedras, constitúen un bo refuxio. Tamén o son os árbores de coníferas, como os que agora decoran moitas casas. Temos que ter coidado, e regalos a cotío, e por nada esperar para notar síntomas. O pasa las festas facerse: “axudante do bosque”  plantándoo nunha zoa axeitada.    


lunes, 27 de diciembre de 2010

SE TE TRATA MAL, MALTRÁTATE

Din os novos ventos
e reza nos carreiros da vida
que si te trata mal,
maltrátate.

Din co iceberg do sufrimento
so mostra pequenas feridas,
pequenas desaparicións,
pequenas mortes.

Din, so din:
SE TE TRATA MAL,
MALTRÁTATE.

Estas fechas son tan boas como calquera outra, para tomar a decisión de si te sintes maltratador ou maltratadora, pedir axuda. Están os amigos, os descoñecidos de una radio ou o sicólogo. Que non nos de vergoña falalo, que no la de "maltratar".

jueves, 23 de diciembre de 2010

LOTERIA

Na editorial, dixerónme que deisase o meu libro para poder revisalo e en cuestión de dous meses me dirían algo. Onte sonou o teléfono, e tiven a corazoada de que me tocara a lotería da editorial. Pero nada, o meu número quedou mudo.
Presentei o meu libro nun bó formato xunto con una copia en color do blog. Ademaís no seu interior, os versículos piden sair como os cogumelos que esconde o follaxe musical.
Nestes momentos, sintome como o exército de escritores que non poden chegar a pisar as librerías, pero o mesmo tempo os meus sentimentos son contradictorios. Deixei de xogar a lotería, porque non mudaría o meu sistema de vida e prefiro quedar fora das librerías, porque o feito de intentalo tenazmente, levate a crear e o momento da creación e a mellor lotería que nos pode tocar.

                    FELICES FESTAS OS QUE NON LLES TOCOU A LOTERÍA  

sábado, 18 de diciembre de 2010

viernes, 17 de diciembre de 2010

PALABRAS E ARANDOS


No acto de hoxe a miña amiga Mayte Freire presentou o libro do escritor Raúl Calvo titulado: “Sueño de Libertad”.
Dito acto, suxeriume este poema que hoxe e un bosquexo. O próximo luns tentarei de levalo o taller, e alí, a saber o que farán con el.    

PALABRAS Y ARANDOS

Existen palabras superpostas
que xogan o agocho no andel,
elas escapan os acentos
e nas noites de luar
bulen tras os soños dos meniños.
Existen arandos
que no seu latexar,
maduran en azuis imposibles
e apaixónanse en tons vermellos
cos que tinguir o azucre e os bicos.
Pero hoxe é dezasete de decembro
ó día do triunfo das meigas brancas,
na súa éxtase
leron conxuros para nos levar
a cidade de Hagia Sophia
e fundir os nosos pes na area do Atlas.
Existen palabras e arandos
nos beizos dunha muller.

IMG_0744.jpg

martes, 14 de diciembre de 2010

SUEÑO DE LIBERTAD

Entrelíneas Editores tiene la satisfación de invitarles a la presentación del libro SUEÑO DE LIBERTAD del autor RAÚL CALVO VARELA

Preside: Dña. Teresa Porto Pedrido

Presenta: Mayte Freire Pérez

Lugar:Café Moderno, plaza de San Xosé, 3. Pontevedra.

Fecha: viernes, 17 de Diciembre. Hora 20.00

FUNDACIÓN CAIXAGALICIA

Nota para os blogueros: estades invitados, Raúl Calvo e o que dirixe o taller poético onde acudo cada luns, e Mayte Freire e o novo valor con gran potencial poético do citado taller. INTERESANTE

lunes, 13 de diciembre de 2010

POEMA DE BLOGEROS

    A VIDA EN CONTRUCIÓN

Acariño o envés das túas follas durmidas,
e acocho a miña pel nás túa dobras
con ás de poeirenta avelaiña
espallo aloumiños nas túas sombras.
Durme o teu sono no berce quedo
que o veludo da noite arroupa
e, entre doces cantos e silencios,
déixote soñar co esplendor da aurora.
Canto eu, fundida nos teus lenzos
cancións sen rimas nin estrofas
e temo que, amándonos, nos esperte o día,
coa pegada la túa luz que no meu blog se cola.

Son estas parvadas que penso e me avergoñan,
sinto a treboada tras os recunchos da alma.
Chegarémos a ser só un alentó?
Porque o tempo non existe de par da auga
mentres un cabalo salvaxe desbocado
galopa nas miñas íntimas lembranzas
rachando sortilexios do que nunca fomos…
Chegaremos a ser só esperanza?



Autores de este poema:
Fernando Sancho
Concha López
Zeltia
Lira Sierra
Paidelelo
María
Maribel-bel
Mari Carmen Gago
O Raposo
Bola8
Chousa de Alcandra

Gracias a todos por aportar os quebradeiros e o alento.

miércoles, 8 de diciembre de 2010

EXERCICIO POETICO V

Xogar a ser poetas non é doado, xa que temos que poñer no papel o poder de dicir e máis non dicir. Usar o doble sentido, armonizar una combinación perfecta de palabras, e cargalos con contidos como se fose a primera vez que se conta un feito.
O facelo entre varios implica dificultades, pero o feito de intentalo engrandécenos.
Friedrich Hölderlin dí: "Correspondenos a nós, poetas, estar en pé ante as tormentas de Deus. Con a cabeza espida, para prender coas nosas máns o lóstrego de lúz do Pai, a él mesmo e facer chegar o pobo envolto en cantigas o don celeste"
Non che é este o meu pensamento, pero quedar queda chulo.
Os comentarios o pé do Exercicio poético IV, marcan o rumbo do noso poema. Penso que o día 13 será una boa fecha para publicalo definitivamente no blog segundo as vosas correcións.
Eu sigo aprendendo.

sábado, 4 de diciembre de 2010

EXERCICIO POETICO IV



                      Foto: Marcos García

Ainda que me podo definir como autor do meu blog, a verdade e que o blog e de todos os que entrades.
Ainda que son amo da miña finca de bidueiras a carón do río Lerez, son o raposo, o xararil e o corzo os amos. Eles son parte propia finca, eles maís a terra, as pedras, as margaridas, as bidueiras componen a finca, o pedazo de territorio que me pertence por o dereito de ter un papel. ¡sempre os … papeis!.
Asi que Ana, Zeltia, para mín sodes como a curuxa que ten medo pousarse na miña mán, por considerarme un ser extraño, ou Raposo, Maribel-bel que deixades pegadas na braña e no barro, e os páxaros que pasades casi sin me decatar: Gracias.
Entrando en materia poética, pensó que con o que xa temos estaría ben para facer un poema. Agora toca retocar, tixeira-tixeira, cambiar versos de posición, mudar verbas, tocar o pao da máxia e tachán: POEMA
Podedes facer as vosas suxerencias de cómo vos gustaría que quedara o poema e despois poñemos una fecha para facer votacións, e xá.

Maribel-bel dixo:
porque o tempo non existe onde a auga
e chegar a ser só unha esperanza

            e Raposo:
mentres un cabalo salvaxe
galopa nos maís íntimos recordos
rachando co sortilexio
do que nunca fomos               

            E quedaría así:

      A VIDA EN CONSTRUCIÓN

Acariño o envés das túas follas dormidas
acocho a miña pel nas túas bodras e,
con ás poeirentas da avelaiña,
espallo aloumiños nas túas sombras.

Durme o teu sono no berce quedo
que o terciopelo da noite arroupa,
e, entre doces cantos e silencios,
deixote soñar co esplendor da aurora.

Canto eu, fundida nos teus lenzos,
cancións sen rimas nin estrofas
e teño medo que nos esperte amándonos o día
grazas a pegada que deixaches no meu blog.

Son as parvadas que me avergoñan
e sinto a treboada tras os recunchos da alma
porque o tempo non existe onde a auga
e chegar a ser só unha esperanza

mentres un cabalo salvaxe
galopa nos maís íntimos recordos
rachando co sortilexio
do que nunca fomos               

jueves, 2 de diciembre de 2010

O Discurso do Bosque: EXERCICIO POÉTICO III

O Discurso do Bosque: EXERCICIO POÉTICO III: "Hoxe parece que asististes poucos labradores de palabras o taller, ¿será polo frío? De todas las maneiras grazas. Noto nos comentarios que a..."

EXERCICIO POÉTICO III

Hoxe parece que asististes poucos labradores de palabras o taller, ¿será polo frío? De todas las maneiras grazas. Noto nos comentarios que as entradas causan certo recelo a escribir no blog de un ESCRITOR, nin tal cousa.
 No discurso de Saramago o recibir o Nobel dixo: “a persoa maís sabia que coécín non sabía leer nin escribir”. Eu pretendo escribir, e non sei leer. Non puiden asistir o instituto, e vendo peixe no Berbés de Vigo, como miles de persoas que collemos a vida con as mans.
            Pero podome vestir elegantemente e dar recitales sobre temas culturales, ¿quén mo prohíbe? Acaso neste seculo, non chegou Obama a Casa Blanca, “blanca” era por algo. 
            Deixo esta reflexión, para continuar co poéma.   

Participou Maribel-bel propoñendo o Título que sería:

“A VIDA EN CONSTRUCCIÓN”

E o verso da miña entrañable poetisa e amiga, pero amiga, Mari Carmen Gago para hoxe será:

“E sinto a treboada tras os recunchos da alma”

Esto quedaría así:

      A VIDA EN CONSTRUCCIÓN

Acariño o envés das túas follas dormidas
acocho a miña pel nas túas bodras e,
con ás poeirentas da avelaiña,
espallo aloumiños nas túas sombras.

Durme o teu sono no berce quedo
que o terciopelo da noite arroupa,
e, entre doces cantos e silencios,
deixote soñar co esplendor da aurora.

Canto eu, fundida nos teus lenzos,
cancións sen rimas nin estrofas
e teño medo que nos esperte amándonos o día
grazas a pegada que deixaches no meu blog.

Son as parvadas que me avergoñan
e sinto a treboada tras os recunchos da alma

seguirá……

miércoles, 1 de diciembre de 2010

EXERCICIO POÉTICO

Di Saramago “sabese por onde metes a agulla, pero non por onde sae”. Esta cita ben a rectificar o que dixen sobre o exercicio, agora semellase a un Cadaver Poético, que non quere decir que sexa menos enriquecedor e de calidade inferior. O que está claro e que e participativo.
Segundo os comentarios que subides aquí temos:

Paideleo dixo:

"e teño medo que nos esperte amándonos o día"

E mais nos fixo esta aclaración: a bolboreta nocturna chámase avelaiña que e un nome ben poético.
O noso idioma efectivamente ten esta riqueza, xa que no castelán non existe nome para mariposa nocturna. Grazas e si ves algo maís avisa, estamos a aprender.  

Concha López, animóuse sobradamente e mandounos estos versos para engadir: ¡menudas imaxes!

“acariño o envés das túas follas dormidas
acocho a miña pel nas túas bodras e,
con ás poeirentas da avelaiña,
espallo aloumiños nas túas sombras.

Durme o teu sono no berce quedo
que o terciopelo da noite arroupa,
e, entre doces cantos e silencios,
deixote soñar co esplendor da aurora.

Canto eu, fundida nos teus lenzos,
cancións sen rimas nin estrofas…”

E do comentario de María podemos quedar con:
“grazas a pegada que deixaches no meu blog”

E por via mail, Bola8 di: Es imposible inventar un verso para el ejercicio de tu blog...a mi se me ocurre cada parvada y me da verguenza. Esto podería quedar así: (digo eu)
"e as parvadas que me avergoñan"

Bueno para rematar o taller de hoxe esto quedaría un tanto así:

     ¿TITULO?
Acariño o envés das túas follas dormidas
acocho a miña pel nas túas bodras e,
con ás poeirentas da avelaiña,
espallo aloumiños nas túas sombras.

Durme o teu sono no berce quedo
que o terciopelo da noite arroupa,
e, entre doces cantos e silencios,
deixote soñar co esplendor da aurora.

Canto eu, fundida nos teus lenzos,
cancións sen rimas nin estrofas
e teño medo que nos esperte amándonos o dí
grazas a pegada que deixaches no meu blog”
e as parvadas que me avergoñan. 


 Nota: Os autores podedes facer aclaracións, xa que a colocación pola miña parte dos vosos versos o mellor non e a que tiñades pensado, -detrás de tal verso-. Eu coloqueinos a miña bola segundo entran. E ide participando que esto remata xa que a mín persoalmente os versos longos me cansan. Suxeride títulos.




domingo, 28 de noviembre de 2010

EXERCICIO POETICO

Esto vai ben, e quero aclarar que non trato de facer un Cadaver Poético (poemas de varios autores sin un fío común). Senón un poema con versos que poidamos arranchar entre nós ¿parece?.
 Xa temos un verso chegado dende o Círculo de Ourense por Concha López, e di así:
"acocho a miña pel nas túas dobras"
e outro chegado dende as Seychelles da nosa amiga Lira Sierra, en castelán  "con las alas polvorientas de mariposa nocturna", pero ela permíte traducilo e dirá algo así:
"con ás poientas de bolboreta nocturna"

Polo de agora temos:

"Acariño o envés das túas follas dormidas
acocho a miña pel nas túas dobras
con ás poientas de bolboreta nocturna"


Nota: o tempo de correxir tempos verbais, tixola e demais, virá despois. Agora e tempo da creación.

sábado, 27 de noviembre de 2010

EXERCICIOS DE TALLER POETICO

Hola propóñovos un exercicio para ir facendo boca. Tratase que despois de un verso que eu coloque sigades con outro que vos pareza axeitado. Subidelo nos comentarios e eu o adxunto no blog. Non teñades medo, nin vergoña tratase de votalo fora e xa está. Non pasa nada, non vivimos desto. Xa sei que para moita xente lle resulta moi díficil espirse ante o público, pero no taller poético onde participo, tes que espirte a cotio e o final te decatas que non pasa nada, todos están espidos ante tí.
Ala vai o meu primeiro verso. (o exercicio tratase de colgar outro que vos insinúe algo a partires de este)

Acariño o envés das túas follas dormidas

viernes, 26 de noviembre de 2010

Culturgal abre hoxe o gran escaparate da cultura do país con 110 actividades

O concerto de música galega e brasileira e os diálogos literarios serán os pratos fortes do primeiro día da Feira das Industrias Culturais
 
O Culturgal abrirá hoxe as súas portas no Pazo da Cultura de Pontevedra para converterse no gran escaparate das industrias culturais de Galicia. Até o próximo domingo, desenvolverase un programa conformado por máis de 150 horas de actividades e un total de 110 actos que engloban o mellor da produción galega nos ámbitos da literatura, a música, as artes escénicas, as novas tecnoloxías, o audiovisual, o deseño ou a xestión. Todas as actividades serán gratuítas e están destinadas ao público xeral, pero tamén aos profesionais da cultura, xa que as diferentes sesións do Foro Creativa ofrecerán seis horas de análise e debate sobre a situación e o futuro do sector. “Este gran escaparate ten unha oferta moi atractiva e, sen citar todos os exemplos de actividades, destacaría para o público os diálogos literarios, os concertos que terán lugar no Auditorio, as representacións teatrais ou os obradoiros de novas tecnoloxías que terán lugar no Garaxe”, sintetiza o programa o presidente da Asociación Culturgal, Xulio Amigo.

UNHA GRAN CASA PARA GALICIA
O Culturgal preséntase ao público como unha gran casa para a cultura galega na que cada estancia se converte nun recanto dedicado a un ámbito do sector cultural. O Salón converterase no espazo para os diálogos literarios entre autores como Lopo, Diego Ameixeiras ou Rivas e xornalistas culturais. O Garaxe será o espazo dedicado ás novas tecnoloxías. No Patio ofreceranse recitais poéticos, actuacións musicais e teatrais. A Recámara será o ámbito dedicado á música e as artes escénicas. O Cuarto dos Nenos concentraranse as actividades culturais infantís. No Faiado, espazo comisariado polo xefe de Cultura de Xornal de Galicia Iago Martínez, amosaranse as expresións independentes da culturl como son os diferentes xeitos de edición, o Novo Cinema Galego ou a democratización dos espazos.
Xogando ao papel de anfitrións , o conselleiro de Cultura, Roberto Varela; o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o presidente das Asociación Culturgal, Xulio Amigo, encabezarán a inauguración que terá lugar ás 12.00 horas. Este acto rematará coa intervención do Centro Coreográfico.
Con esta inauguración, darase a benvida ás 65 empresas do sector que participarán no Culturgal. O ámbito da música estará representada por aCentral Folque, o Centro Galego de Música Popular, Nordesía, Sinsal ou Esmerarte. O ámbito das letras contará con espazos para Baía Edicións, Asociación Galega de Editores, Biblos Clube, OQO, Xerais ou Galaxia. As artes Escénicas estarán representadas por Festiclown, Teatro Talía ou a Escola Superior de Arte Dramática. Do ámbito audiovisual estarán presentes Aira Pro, Miño Media ou Mr. Misto.
Todas as Asociacións que forman Culturgal (AGE, AGEM, Agapi, Agaphono, Escena Galega, Agapi e Eganet) contarán con espazo propio, así como as entidades patrocinadoras como Agadic, Política Lingüística ou o Concello de Pontevedra.

MÚSICA E LITERATURA
Un dos actos máis destacados que terá lugar no arranque do culturgal será o concerto Galicia BR, que se celebrará no Auditorio do Pazo da Cultura ás 21.00 horas. Trátase dun intercambio musical entre Brasil e Galicia na que participarán os brasileiros Érika Machado e Kiko Klaus –artistas revelación de Minas Gerais–, Sergio Tannus ou Carlos Blanco, que ofrecerá o seu espectáculo Ordem e Progresso.
Tamén no apartado musical, destacan os concertos de Emilio Rúa ás 17.30 no Salón para presentar o seu disco Interior e a de Emilio José, que actuará ás 20.30 no Faiado. Nese mesmo espazo, haberá unha sesión ás 16.45 dedicada á autoedición no que intervirán representantes de Estaleiro Editora, Trifolium, Proxecto Corsarias e Proxecto Derriba.
O espazo central da Feira, o Salón, dedicarase á literatura cos encontros con Ameixeiras (ás 18.00 horas), Iolanda Zúñiga (ás 18.30) e Lopo (ás 19.00 horas. Os tres estarán acompañados por Iago Martínez. Ás 19.30 presentarase De sombras e poemas que son casas de Xosé María Álvarez Cáccamo, primeiro título da colección Antoloxía Poética Sonora. Ás 20.00 horas, no Faiado presentarase a obra Non conciliados, do Cineclube de Compostela. Estes son algúns exemplos da ampla programación do Culturgal para hoxe, que se pode consultar na web. www.culturgal.com.


Fonte: www.xornal.com

Estrofas de 4 versos


                                                     Foto: Marcos García


A COPLA, catro versos de arte menor, riman en asoante os pares e quedan soltos os impares

Exemplo: Cuando me pongo a cantar
               me salen en vez de coplas -a-
               las lágrimas de los ojos ---
               los suspiros de tu boca. -a- (Machado)


SEGUIDILLA (Catro versos, o 1º e o 3º de 7 sílabas e o 2º e 4º de 5 sílabas), riman en asoante ou en consoante alternativamente, tamén poden rimar os de 5 e quedan soltos os de 7. As veces a seguidilla vai seguida dun bordón (conxunto de 3 versos, o 1º e  3º de cinco sílabas con rima asoante, o segundo de 7 sílabas, vai solto).

Exemplo: Torerillo en Triana  -a-
               frente a Sevilla        -b-
               Cántale a la sultana  -a-
               tu seguidilla.            -b-               (G. Diego)

              Pues andáis en las palmas ---
              ángeles santos                  -a-
              que se duerma mi niño      ---
             ¡tened los ramos!            -a-          (Lope de Vega)


Moitas veces a SEGUIDILLA é como sigue:

Exemplo: Una fiesta se hace        --
               con tres personas        -a
               una baila, otra canta     -- (con bordón)
               y el otro toca.              -a
               Ya me olvidaba            -b
               de los que dicen "ole"  --
               Y tocan palmas.          -b             (Machado)


CUADERNA VÍA. Utilizouse polos poetas do Mester de Clerecía durante os séculos XIII e XV. Algúns chámanlle "TETRÁSFORO MONORRIMO", son catro versos alejandrinos (14 sílabas) que riman entre sí.

Exemplo: Mester traigo fermoso non es de juglaría
               mester es sin pecado, ca es de clerecía,
               fablar curso rimado por la cuaderna vía
               a sílabas cunctadas, ca es grant maestría.  

                                                                  
(Libro de Alexandre, posiblemente de Gonzalo de Berceo o Juan Lorenzo de Astorga)


REDONDILLA Catro versos octosílabos que riman en asoante: 1º-4º, 2º-3º)

Exemplo: La tarde más se oscurece    a
               y el camino que serpea        b
               y dévilmente blanquea         b
               Se enturbia y desaparece     a

CUARTETA Catro versos octosílabos que riman en asoante 1º-3º; 2º-4º

Exemplo: Y todo un coro infantil
               va cantando la lección
               mil veces ciento mil, cien mil
               mil veces mil, un millón.

*NOTA* O CUARTETO é unha redondilla de arte maior. O SERVENTESIO é unha cuarteta de arte maior.


CUARTETO. Catro versos de arte maior que riman como a Redondilla ABBA


SERVENTESIO. Catro versos de arte maior que riman como a Cuarteta ABAB


O SONETO Chámaselle tamén "estrofa mixta". Composición poética de orixen Italiano, formada por 14 versos endecasílabos é dicir 11 silabas cada un, ou Alexandrinos (catorce sílabas), distribuídos en dous cuartetos e dous tercetos.

Os cuartetos deben compartir as mesmas rimas, e os tercetos poden compoñerse a gusto do poeta coa única condición de que compartan polo menos unha rima.

Se ben no soneto clásico adoita presentar o esquema CDC DCD ou CDE CDE, a estructura métrica do soneto é, pois, ABBA ABBA e CDC DCD ou CDE CDE.

A partir do s. XIX compóñense sonetos con versos alejandrinos e incluso con versos de arte menor, tamén se usa o serventesio en lugar do cuarteto.

SONETO CON ESTRAMBOTE. O estrambote (do italiano strambotto) é un verso ou serie de versos que se engaden a un poema de estrutura fixa, como o soneto. Un exemplo de soneto con estrambote é "Ao túmulo do rei Felipe II en Sevilla", de Miguel de Cervantes; aos catorce versos de que consta o soneto engádense tres máis, que constitúen o estrambote.

O soneto con estrambote persegue case sempre unha finalidade humorística; é de notar que do substantivo estrambote deriva o adxectivo estrambótico, que significa, segundo a Real Academia Española, "extravagante, irregular e sen orde".

Exemplo: AL TÚMULO DEL REY FELIPE II EN SEVILLA

              Voto a Dios que me espanta esta grandeza
              y que diera un doblón por describilla,
              porque ¿a quién no sorprende y maravilla
              esta máquina insigne, esta riqueza? (Miguel de Cervantes Saavedra)


              
Outros artigos de interés:
- A negra terra: Manuel Rivas
-A estrofa- Estrofas de 2 versos
-A Rima

jueves, 25 de noviembre de 2010

Si o Outono non Crebara o tempo - María Mariño (1907-1967)



Si o Outono non crebara o tempo
non se erguía en verso longo o poeta,
o trobeiro que en liña chega á meta
arrola a cume, espaia a néboa, achega o vento.

Os cantores esquecen o seu día
e dóense do que saben que lles chega.
Quece o zoco no ourizo e na nebra.
Vela o arbre a súa en lousa compañía.

Alumea o souto a esperanza soia,
a que onte viveu na súa sombra amiga,
espera hoxe o que dela quedou fóra.

Roda do carro que, entre lousa e folla,
vas trocando por mañán cantiga
atopas noite, atopas día e quedas soia!


Cedrón e Pato unen no seu disco tradición galega e música clásica


Cristina Pato e Rosa Cedrón /LAVANDEIRA JR
 
Rosa Cedrón e Cristina Pato forman a parella artística Soas, que onte viu nacer o seu primeiro fillo discográfico co nome de Muller. Neste primeiro álbum conxunto, as dúas intérpretes mesturan a tradición popular galega, letras de destacados poetas do país e a música clásica. “A idea era xuntar as vías que tiñamos as dúas de facer unha viaxe pola tradición popular e pola clásica a través da nosa literatura”, explicou Cristina Pato. Nesa viaxe, as dúas artistas non estiveron totalmente soas, xa que contaron coa compaña do compositor Octavio Vázquez. “Mestúranse dúas tradicións: a popular galega e a clásica occidental. O resutado é moi satisfactorio”, sinalou Vázquez.
A voz deste disco é a cantante Rosa Cedrón que, xunto a Cristina Pato, inicia esta nova aventura musical da man do selo discográfico Fol. “Este disco é un soño feito realiade. Para min foi unha volta atrás, a esa parte clásica que unimos coa popular”, recoñeceu a que fora cantante do grupo Luar na Lubre.

CATORCE TEMAS
O disco contén un total de catorce cancións cuxas letras están asinadas por grandes poetas do país. Pato e Cedrón cantan así Negro Caravel e Soedades, de Rosalía de Castro; María Soliña, de Celso Emilio Ferreiro; Máis amor, de Yolanda Castaño; Os teus ollos e Unha noite na eira do Trigo, de Curros Enríquez; Pomba dourada, de Cunqueiro, ou a peza tradicional Heicho de dar. Entre elas atópanse tres interludios e un epílogo musical –asinado por Pato e Cedrón– pecha o álbum. “Comezamos este disco Muller con tres versións de temas populares. Logo temos os interludios até chegar a parte central do disco”, explicou a gaiteira Cristina Pato.
O álbum xa se atopa á disposición do público tanto no formato tradicional de álbum como na rede. “É un disco adaptado á realidade do mercado. Atópase xa nas tendas de discos, pero tamén hai unha versión dixitalizada que se pode descargar en Internet de forma legal”, explicou Fernando Luaces, de Folmusica, que engadiu que “é un traballo cheo de detalles e mesmo cun sentido terapéutico”.

XIRA EN PRIMAVERA
As dúas intérpretes galegas aproveitaron a presentación do seu disco para adiantar que teñen pensado realizar unha xira conxunto a partir da primavera. Non obstante, o inicio discográfico conxunto non significa que vaian abandonar as súas carreiras en solitario. “O nacemento do dúo xa foi hai tempo. Iso non quere dicir que non vaiamos seguir coa nosa carreira en solitario”, subliñou a gaiteira Cristina Pato.
Neste dúo artístico chamado Soas, tanto a cantante como a instrumentista conseguen unha nova senda de comunicación co público. “É unha nova vía de expresión que atopamos as dúas”, sinalou a gaiteira. No seu horizonte máis inmediato, nin Pato nin Cedrón teñen previsto poñerse a traballar nun segundo proxecto discográfico conxunto. “Non podemos dicir polo momento se haberá un segundo disco dentro dun ano ou dentro de quince”, explicou Cristina Pato, que lembrou que contaran coa participación da Orquestra de Bratislava para o disco.
As dúas artistas –que estiveron acompañadas na presentación do disco por Loaces e pola súa produtora executiva Patricia Hermida, de Mare– aproveitaron o seu primeiro contacto coa prensa para interpretar un dos temas que se inclúen no disco, Unha noite de eira do trigo, do poeta celanovés Manuel Curros Enríquez. Con esa peza pechouse a presentación no CGAC


Fonte: Xornal.com

miércoles, 24 de noviembre de 2010

A estrofa - Estrofas de dous versos

                                    Foto: Marcos García

A ESTROFA é a combinación de versos que se repiten ao longo dun poema, segundo o número de se versos, clasifícanse en:

Dous versos

Pareado: medida e clase de rima indiferentes, esquema métrico: aa / AA.

            É dicir, pode ser de arte maior ou arte menor.
            
                         Arte menor: Yo vi sobre un tomillo
                                 quejarse un pajarillo (Villegas)
           
                         Arte maior: Y antes que poeta, mi deseo primero
                               hubiese sido ser un buen banderillero (Machado)

             Aleluia (cuarta acepción no DRAE) é un pareado de arte menor,
             comúnmente de versos octosílabos.

Alegría: composición de dous versos, un pentasílabo e outro decasílabo, propio da composición flamenca da que toma o nome, a alegría.

Dístico elegiaco: imitación da forma clásica.
O DRAE reserva o nome de pareado para o par de versos que teñan algún tipo de rima, mentres pode utilizarse dístico tamén para versos libres.
Chámase cosante a unha composición baseada no pareado, ao que se une un retrouso.



Outros artigos:
-A lavandeira da noite (Carlos Núñez e Noa)
-Versos de arte maior
-Versos de arte menor
-A métrica apuntes de literatura
-O poeta como un pequeno Deus

martes, 23 de noviembre de 2010

A Lavandeira da noite "Carlos Núñez & Noa"


Fonte: Youtube

A lavandeira da noite
Era unha noite de lúa,
Era unha noite clara,
Eu pasaba po-lo río,
da volta da muiñada!
Topei unha lavandeira
Que lavaba ó par da y-agua
Ela lavaba no río,
E unha cántiga cantaba:
Moza que ves do muiño,
Moza que vas pola estrada.
Axúdame a retorcer
Miña sábana lavada.
Desaparece a lavandeira
Como fumeira espallada
Onde as sábanas tendera
Poza de sangue deixara!
Era unha noite de lúa,
Era n'unha noite clara

Calveiro, Manuel Rivas e Iolanda Zúñiga participarán no Culturgal


Culturgal reunirá a partir deste venres os autores máis destacados da literatura galega, xa que as letras do país estarán presentes en todas estancias da gran casa da cultura galega na que se converterá Pontevedra. Deste xeito, autores como Manuel Rivas, Diego Ameixeiras. Iolanda Zúñiga, Antón Lopo, Xurxo Sierra, Marcos Calveiro ou Manuel Portas participarán no Culturgal.
O formato que se empregará, no maioría de casos, será un intercambio entre un escritor e un xornalista cultural. Os periodistas que participarán serán Iago Martínez, xefe de Cultura de Xornal de Galicia, ademais de Belén Regueira ou Camilo Franco.
Culturgal 2010 recupera deste xeito os faladoiros de salón que foron noutro tempo os maiores motores de intelectualidade occidental. Polo salón do Culturgal pasarán o venres os autores Diego Ameixeiras –que presentará Asasinato no Consello Nacional–, Iolanda Zúñiga –que falará de Periferia– e Antón Lopo, que vén de gañar o premio García Barros coa obra Obediencia. O entrevistador para estes tres faladoiros será Iago Martínez.
Xurxo Sierra Veloso e Iván García Campos serán os interlocutores dos faladoiros de salón do sábado e sentaranse fronte á xornalista Belén Regueira. Sierra Veloso debullará na conversa o seu último texto, Os fíos, gañador do Premio Repsol. Iván García Campos é unha das sorpresas do ano coa súa primeira novela, O imposible de desatar, Premio Blanco Amor 2010. Este libro compón un retrato da cara oculta da sociedade actual, dos conflitos persoais, da soidade e a incomunicación, cun xeito de narrar novo.
A mañá do domingo estará dedicada á literatura infantil e xuvenil, coa intervención de Fina Casalderrey, Elena Gallego e Teresa González Costa. Pola tarde, Manuel Rivas, Marcos Calveiro e Manuel Portas conversarán co xornalista e escritor Camilo Franco. Manuel Rivas, debullará a súa última novela, Todo é silencio. Despois, Marcos Calveiro, un dos narradores revelación, falará das súas dúas últimas obras: Settecento e O pintor do sombreiro de malvas. Finalmente, Manuel Portas pechará os faladoiros de salón do Culturgal, cunha conversa sobre súa primeira novela, Denso recendo a salgado.
Outras presentacións de libros que terán lugar no Culturgal serán a de En castellano no hay problema, de Carlos Callón; De sombras e poemas que son, de Xosé María Álvarez Cáccamo, ou Abelcebú, de Carlos Negro
Ademais, haberá un combate poético no patio o domingo ás sete da tarde no que participarán dous equipos diferentes de na velada poética chamada Hostias en verso.

Fonte: www.xornal.com



Outros artigos:

-Versos de arte maior
-O verso e a prosa
-A beleza
-A negra terra -  Manuel Rivas

lunes, 22 de noviembre de 2010

A Rima

                                                                                                                          Foto: Marcos García


A RIMA é a igualdade o semellanza das terminacións entre dous ou máis versos. Contribúe ao ritmo e á musicalidade do poema. Pode ser: Consoante e Asoante.

ASOANTE. Cando teñen iguais os vogais a partir do último vogal acentuado
Exemplo: Alcen las cabezas

                  los verdes alisos
                  y con frutos nuevos
                  almendros floridos (Lope de Vega)

CONSOANTE. Teñen iguais todos os seus sons a partir do último vogal acentuado
Exemplo: Lejana se pierde la tierra desnuda
                  con hiero amasada, son sangre y con llantos.
                  El silencio vibra y en llama muda
                  ni un árbol, ni un homre, ni un humo, ni un canto. (Enrique de Mesa)

VERSOS SOLTOS. Son aqueles que non riman con ningún outro verso
Exemplo: En el anterior de (Lope de Vega) Cabezas y nuevos no riman

Nos versos que rematen en palabra esdrúxula non se ten en conta a sílaba postónica.
Exemplo: Se queda más solo y lóbrego
                  Bajo la luna de oro (Juan Ramón Jiménez)

Cando na sílaba tónica ou na final hai ditongo, só se ten en conta o vogal máis aberto, para efecto de rima asonante.
Exemplo:  Despertaba el día
                   y en su albor primero
                   con sus mil ruidos
                   despertaba al pueblo
                   ante aquel contraste
                   de vida y de misterio
                   de luz y tinieblas
                   medité un momento
                   ¡Dios mío, que sólos
                   se quedan los muertos! (Bécquer)



Outros artigos:
-Negra Sombra "Rosalía de Castro"
- A beleza
-Literatura

domingo, 21 de noviembre de 2010

Versos de Arte Maior

                                                                                                    Foto: Marcos García

ENEASÍLABO- Verso de 9 sílabas

Exemplo: Hay que morir sin compañía
               esposa mía y compañera
               tuya es mi vida toda entera
              ¡pero mi muerte es sólo mía! (Pemán)

DECASÍLABO- Verso de 10 sílabas

Exemplo: Allá en la playa, quedó la niña
              ¡arriba el ancla se va el vapor!
               el marinero entre dientes
               se hunde en el agua trémulo el sol. (R. Darío)

DODECASÍLABO- Verso de 12 sílabas

Exemplo: Hemos de ser justos, hemos de ser buenos,
               hemos e embriagarnos de paz y de amor,
               y llevar el alma siempre a la flor del labio
               y desnudo y limpio nuestro corazón. (R. Darío)

TRIDECASÍLABO- Verso de 13 sílabas

Exemplo: Yo palpito tu gloria mirando sublime
               noble autor de los vivos y varios colores
               te saludo si puro matizas las flores
               te saludo si esmaltas fulgente la mar. (Orellana)

ALEJANDRINO- Verso de 14 sílabas

Exemplo: Braman los troncos en su feraz orilla
               y los potros retoza. un jinete vaquero
               pasea con su garrocha y su moruna silla
              ¿será un abencerraje o un moro guerrillero
              que no quiso entregarse al conquistar Sevilla? (Villalón)

PENTADECASÍLABO- Verso de 15 sílabas

Exemplo: En el momento de más fiereza de la jornada
              ¡florón invicto solo aguardando para tus glorias!
               las enemigas naves se hundieron bajo tu espada,
              que era en tu mano la del Arcángel de las Victorias. (Morales)

O ENDECASÍLABO, o verso de 11 sílabas, comparte co OCTASÍLABO a primicia da métrica española. É de orixen italiano, introducido en España por Garcilaso a principios del s. XVI. Dende entón, ningún poeta deixou de emplealo ainda que tamén hai que dicir que o principio moitos poetas españois, opuxéronse a reforma, alegando entre outras cousas que se ía abandonar o metro tradicional. Según os acentos, recibe distintos nomes:

- Heróico (Acento en la 6ª - 10ª)
                 Exemplo: El dulce lamentar de dos pastores (Garcilaso)

- Italiano (Acento en la 4ª, 8ª y 10ª, cuando lo lleva en la 1ª o 2ª se llama Sáfico)
                 Exemplo: Dulce vecino de la verde selva (Villegas)

- De gaita Galega (Acento en la 4ª, 7ª y 10ª, algunas veces en la 1ª)
                 Exemplo: Y con la gente morena y huraña
                                hace su entrada triunfal en españa (Rubén Darío)



Outros artigos:
-Versos de arte menor
- A métrica
-O verso e a prosa
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...