Mostrando entradas con la etiqueta Lope de Vega. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lope de Vega. Mostrar todas las entradas
viernes, 19 de noviembre de 2010
Versos de arte menor - Apuntes de literatura
Os versos son de arte maior ou de arte menor. Son VERSOS DE ARTE MENOR os que teñen 8 ou menos sílabas.
En castelán, non existen versos dunha soa sílaba, pois se esta vai soa ten que ser aguda e polo tanto hai que engadirlle unha máis. Outros versos:
-De dúas sílabas, Bisílabos: "leve, breve, son" (Espronceda)
-De tres sílabas, Trisílabos:"Perfilan / sus líneas / de mozos / los chopos " (Jorge Guillén)
-De 4 sílabas, Tetrasílabos: "Veinte presas / hemos hecho / a despecho / del inglés" (Espronceda)
-De 5 sílabas, Pentasílabos: "Aguas dormidas/ verdura densa / piedra de oro / cielo de plata" (Unamuno)
-De 6 sílabas, Hexasílabos: "Salen de Valencia / noche de San Juan / mil coches de damas / al fresco del mar" (Lope de Vega)
-De 7 sílabas, Heptasílabos:
"Los días van pasando
van pasando los meses
las flores y los pájaros
han vuelto y tu no vuelves" (G. Diego)
-De 8 sílabas, Octosílabos. Son os versos máis importantes de arte menor, é o verso español por excelencia, é o dos romances e o de case todas as cancións e coplas populares.
Distínguense 4 clases de OCTOSÍLABOS, segundo leven colocados os acentos:
-TROCAICO- o acento----3ª----7ª
-DACTÍLICO- o acento----1ª---4ª----7ª
-MIXTO-----o acento----2ª----7ª (e outro en 4ª ou 5ª)
Os tres adoitan mesturarse ao longo dunha mesma composición
Exemplo: Abenámar, Abenámar (Trocaico)
moro de la morería (Dactílico)
el día que tu naciste (mixto)
grandes señales había (mixto) (Anónimo)
Outros artigos:
-A beleza - Apuntes de literatura
-A literatura
-O verso e a prosa
- A métrica
- O poeta como un pequeno Deus
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
