lunes, 11 de octubre de 2010

Acivro

O acivro pertence á familia aquifoliaceae, arbustivo de entre sete e dez metros de altura e en perigo de desaparición. A súa poboación viuse moi minguada pola utilización como ornamento para as festas de nadal, período en que as súas bagas son o único alimento de moitas especies e o seu medio natural de multiplicación.

Hoxe co acivro pretendo facer un exercicio de literatura:

UN MICRORRELATO

Como preámbulo, hei de dicir que ten que ser un relato con entidade propia, non unha porción dun conto. Cun número mínimo de palabras, con personaxes, un ou dous, coa súa trama, coa súa sentenza e o seu final.

Para o comezo empregarei unha frase da pequena introdución "as súas bagas son o único alimento".


As súas bagas son o único alimento que escolle de entre as follas do acivro. O recórdo vello e a súa voz reflectía o seu carácter introvertido. Quixera xogar con el como cando era un neno. Pero no bar dixéronme, "xa non quedan pitas do monte en Galicia"

2 comentarios:

  1. Este trabajo cada vez tiene mejor pinta. Un placer compartir parte de la aventura contigo, saludos Fernando.

    ResponderEliminar
  2. Intentaré escribir un microrrelato con estas palabras que propones...
    Esto a la vez que interesante me parece divertido.
    Que vuele la imaginación!!!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...