lunes, 15 de noviembre de 2010

A Beleza - Apuntes de literatura



A beleza e outras categorías non menos importantes e a ter en conta na literatura

Chamamos ARTE á actividade espiritual que tende a dotar as creacións humanas dunha forma bela.

A ESTÉTICA é a ciencia que se ocupa do belo

BELO é, segundo Santo Tomás, aquilo que o contemplalo procura pracer espiritual inmediato.

Hai dúas clases de beleza: A natural e a artística. A primeira é a que se presenta nos seres e fenómenos da natureza: Exemplo: Unha posta de sol, unha fervenza, unha flor

BELEZA ARTÍSTICA é a que produce o home: Exemplo: Unha estatua, unha sinfonía, un poema.

A FEALDADE pode ser tamén natural ou artificial. A primeira podémola atopar ao mirar a noso arredor, o cal non quere dicir que sexa para todos igual. A segunda preséntase como resultado falido dunha intención artística. Exemplo: Algunhas esculturas, cadros presentados nalgunha exposición, poemas publicados en revistas e xornais, música escoitada na radio ou vista na televisión.

Ademais do belo e do feo, esisten outras categorías moi importantes:

-Exemplo: O sublime, o maxestoso, o bonito, o gracioso, o tráxico, o patético, o dramático, o cómico, o ridículo, o humorítico, o satírico, o irónico ou o plaxio

SUBLÍMEO é a impresión que arrepía o espírito polo seu carácter sobrenatural.

O MAXESTOSO é beleza unida a grandeza

LINDO ou BONITO é beleza das cousas pequenas.

O GRACIOSO engade ao deleite alegría superficial.

O TRÁXICO xorde da loita do home contra a adversidade.

O PATÉTICO produce horror ao contemplalo.

O DRAMÁTICO despréndese un conflito doloroso, pero dentro duns límites.

O CÓMICO excita á risa aberta.

O RIDÍCULO choca cunha situación normal.

O HUMORÍSTICO é a impresión que produce o absurdo cando se describe como cousas normais.

O SATÍRICO é unha crítica de costumes ou defectos

O IRÓNICO ese humor que inclúe sátira e, ás veces con censura.

O PLAXIO é a copia ou imitación dun modelo, con pretensións de orixinalidade.





Outros artigos:
-O poeta como un pequeno Deus
-O deseño dun poema

domingo, 14 de noviembre de 2010

A negra terra - Manuel Rivas

O Diseño dun poema - O poeta como un pequeno Deus


Antes de comezar a escribir un poema, deberiamos coñecer o seu aspecto, como cando facemos un postre ou calcetamos un xersei, antes visualizamos o seu aspecto final.

Na poesía tradicional, o formato do poema está preestablecido por unhas normas ríxidas que encorsetan o poeta a axustar dentro dun plano limitado o seu pensamento.

Na poesía actual as palabras distribúense sen unha orde aparente, o autor goza de liberdade para dispoñer.

Os formatos desaparecen a favor da calidade do concerto poético. Pérdese a forma e nace o fondo.
Non temos ante nós un coro que canta senón que escoitamos os anxos ao abrir un libro.





Outros artigos
- O poeta como un pequeno Deus
- Segredos poéticos
- A creación poética
- Deixar fluir
- Cortar
- Buscar el ritmo
- Xogar coas verbas
- A imaxen
- Ideas para traballar un poema

viernes, 12 de noviembre de 2010

Ideas para traballar un poema - O poeta como un pequeno Deus


Ideas e proxectos para traballar un poema:

A) Busquemos visualmente pozos de inspiración. Colocar sobre o noso escritorio e o seu ámbito: Fotos, cadros, obxectos, flores, libros, frases e un ecétera que nos poida suxerir, e sen pretender escapar ao obvio ter moi preto google.

B) Unha vez elixido o noso obxecto ou idea entre toda esa silva, busquemos unha imaxe e unha vez neste punto, pechemos os ollos e concentrémonos soamente nela, pensando en que foi o que nos chamou a súa atención.
A inspiración é un potente foco dirixido co que debemos buscar e reter a imaxe que se nos pretende escapar cara á escuridade.

C) Cada día poderiamos intentar escribir dun modo surrealista unha pequena porción dun folio. Con este exercicio ábrese paso ao inconsciente sen que o corte a razón.



Outros artigos:
-O poeta como un pequeno Deus
-Segredos poéticos
-A Creación Poética
-Deixar fluir
-Cortar
-Xogar coas verbas
-A imaxe
-Buscar o ritmo

jueves, 11 de noviembre de 2010

Buscar o ritmo - O poeta como un pequeno Deus


Baixo as afirmacións "a poesía é ritmo" ou "a poesía é música" teremos que buscar a fórmula para que o noso poema así o consiga. Grazas ao ritmo este crece.

A poesía suxeita a normas ou fórmulas fixas crea o seu ritmo ou base na proporcionada regularidade dos tempos marcados.

No verso libre e no versículo, o ritmo debe buscarse no noso estado emocional, creando en cada poema un ritmo novo ou ben repetindo encunciados en estrofas como un tintineo.

Outros artigos de interés:

-O poeta como un pequeno Deus
-Segredos poéticos
-A creación poética
-Deixar fluir
-Cortar
-A imaxe
-Xogar coas verbas

miércoles, 10 de noviembre de 2010

A imaxe - O poeta como un pequeno Deus




Na prosa, as imaxes dánolas o propio relato que nos leva da man para contarnos como é a praia, por exemplo: A area é unha saba tersa que se reflicte como cristal cando baixa a marea.

Na poesía, a imaxe dánola a relación entre dous elementos diferentes e substancialmente opostos: "Na túa area baleira"

Esas dúas únicas verbas "area e baleira" poden crear ese flash que ilumine perfectamente esa praia no noso campo óptico e sensitivo, pero a imaxe non debe ser forzada, debe partir da emoción do poeta, que esta tome carácter de lenzo no poema, onde xermole a música nas mans.

Cando se fan coincidir estes dous elementos opostos ou estraños nun poema, pódese crear unha imaxe de gran carga emotiva e sensorial, evitando caer, como sempre, no que xa contaron poetas dende Catulo ata os nosos días, buscando a orixinalidade.

Outras entradas:
-O poeta como un pequeno Deus
-Segredos poéticos
-A creación poética
-Dejar fluir
-Cortar
-Xogar coas verbas

martes, 9 de noviembre de 2010

Noticia: Pontepoética, a lírica do estado reúnese en Pontevedra



Fonte: www.anosaterra.org

Coa dirección de Yolanda Castaño e a coordinación de Antón Sobral, Xaime Toxo e Carlos Fontes, o festival Ponte-Poética reúne en Pontevedra os días 12 e 13 de novembro voces líricas actuais das literaturas galega, vasca, catalá e castelá.
A literatura actual de todo o Estado español reúnese en Pontevedra para un encontro anual que reúne a mellor poesía escrita en galego, castelán, catalán e éuscaro a todos os amantes do xénero que queiran achegarse a escoitalo na voz dos seus propios autores.
Os días 12 e 13 de novembro os poetas galegos María Lado, Lucía Aldao, Manuel Forcadela e Román Raña; as castelás Ada Salas e Elena Medel; os cataláns David Castillo e Josep Pedrals, e as poetas vascas Miren Agur Meabe e Leire Bilbao, participarán nun completo programa de recitais, en distintos espazos da cidade, abertos e gratuítos a todo o público interesado.

Programa do festival
Venres 12 de novembro
 18h30. Salón Nobre da Deputacion de Pontevedra. Sesión inaugural.
 -David Castillo
-Román Raña
-Ada Salas
 20h00   Salón Nobre da Deputación de Pontevedra.
 -Miren Agur Meabe
-Josep Pedrals
-Manuel Forcadela

Sábado 13 de novembro
12h30 Teatro Principal de Pontevedra.
-Leire Bilbao
-Elena Medel
-María Lado e Lucía Aldao
18h00 Teatro Principal de Pontevedra. Recital final con todos os poetas participantes e clausura do Festival Ponte-Poética.
Leire Bilbao, Roman Raña, Elena Medel, David Castillo, Ada Salas, María Lado, Miren Agur Meabe, Manuel Forcadela, Lucía Aldao e Josep Pedrals.

Xogar coas verbas - O poeta como un pequeno Deus



As verbas son en realidade o poema. O feito de que este teña un estilo determinado recae na nosa sensibilidade e o noso gusto.

"As verbas son bicos" e teñen un significado diferente, segundo onde e a quen se bique.
Non debemos escoller á primeira verba fermosa que nos veña á cabeza, o tan indiscutiblemente bonito, algunhas veces faise demasiado doce e mesmo en moitos casos ridículo.


Di o grilo: Deixade á lúa e ás estrelas en paz, ditosos poetas e buscade entre os entullos, alí encontraredes realmente a beleza dos vosos poemas, se a encontrades seredes grandes.
As verbas son moito máis que verbas e na breve duración do seu son, CABE TODO UN BOSQUE



Outros artigos:
-Segredos poéticos
-A creación poética
-Deixar fluir
-Cortar

lunes, 8 de noviembre de 2010

Cortar- O poeta como un pequeno Deus


Para non caer na prosa poética, debemos controlar os impulsos de explicar e mostrar, cando o que realmente busca o poema é esconder e suxerir.

Algúns trazos propios da poesía son:

-Imposibilidade de tradución
-Ritmo e melodía
-Carga métrica
-Imaxes, metáforas
-Un estilo determinado

Verbas que subxacen tras as verbas. Quen non viu algunha vez voar aos paxaros de barro?
Da síntese á tensión creativa existe unha pequena fronteira que facendo funcionar nosa sensibilidade, non debemos deixar traspasar.

O proceso comeza eliminando aquilo que sobra:

-O que redunda sobre a mesma idea
-O que non di nada
-O que é obvio

Outras entradas que che poden interesar:

-Segredos poéticos
-A creación poética
-Deixar fluir
-O poeta como un pequeno deus

sábado, 6 de noviembre de 2010

Deixar fluir - O poeta como un pequeno Deus


Nun primeiro momento unha ou varias verbas cóansenos como pedindo paso, as demais debemos deixar que flúan por si mesmas sen poñer trabas.

Non debe importar como soen nin se realmente nos conveñen. Deixando atrás as conviccións de cada un o proceso será máis creativo.

Nese intre de inundación e desbordamento, non debemos buscar unha orde, o propio caos pode xerar constelacións perfectas, o momento da revisión virá logo.

As primeiras palabras dun poema danas os deuses e as demais o traballo. Aquí entra o oficio do escritor.
 

Outros artigos
- O poeta como un pequeno Deus
- Segredos poéticos
- A creación poética
- A foto ben merece un haiku

viernes, 5 de noviembre de 2010

A creación poética - O poeta como un pequeno Deus


Nada pode explicar que nos leva a crear un poema. O certo é que un faino porque anteriormente tivo a necesidade de transmitir o que habitaba no seu interior.

Ese mundo interno que busca saír, debe romper os obstáculos e medos que xenera o mundo externo. Ser valente, decidido e deixar que flúan no texto apenas unhas verbas, un bosquexo.

A escribir apréndese escribindo e a arar, arando di Manolo Rivas.

Un pintor ante o seu lenzo en branco non ten nada, cando xa manchou a súa paleta de cor e timidamente con ela o seu pano, prodúcese o milagre: Xa conseguiu a metade do cadro.


Outros artigos

Segredos poéticos - O poeta como un pequeno Deus


A poesía é unha porta a través da cal podemos tocar, escoitar, ver, ulir e degustar sen necesidade de intermediarios nin obxectos tanxibles.
Para chegar a esa creación, debemos traballar as verbas e as súas fórmulas, con elas profundizamos nos sentidos, nas emocións, mobilizando así o pensamento e inquietando a alma, sin que para iso coloquemos límites, portas ou fronteiras; pero si buscando o vocábulo exacto en cada verso, en cada estrofa.

A sensibilidade do poeta convértese na bandeira do propio poema, sendo o seu sinal de identidade e ao mesmo tempo, forxándoo de universalidade.


Outros artigos relacionados:

-
O poeta como un pequeño Deus
-Consellos para converterse en escritor
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...