Mostrando entradas con la etiqueta libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta libro. Mostrar todas las entradas

sábado, 6 de noviembre de 2010

Deixar fluir - O poeta como un pequeno Deus


Nun primeiro momento unha ou varias verbas cóansenos como pedindo paso, as demais debemos deixar que flúan por si mesmas sen poñer trabas.

Non debe importar como soen nin se realmente nos conveñen. Deixando atrás as conviccións de cada un o proceso será máis creativo.

Nese intre de inundación e desbordamento, non debemos buscar unha orde, o propio caos pode xerar constelacións perfectas, o momento da revisión virá logo.

As primeiras palabras dun poema danas os deuses e as demais o traballo. Aquí entra o oficio do escritor.
 

Outros artigos
- O poeta como un pequeno Deus
- Segredos poéticos
- A creación poética
- A foto ben merece un haiku

viernes, 5 de noviembre de 2010

A creación poética - O poeta como un pequeno Deus


Nada pode explicar que nos leva a crear un poema. O certo é que un faino porque anteriormente tivo a necesidade de transmitir o que habitaba no seu interior.

Ese mundo interno que busca saír, debe romper os obstáculos e medos que xenera o mundo externo. Ser valente, decidido e deixar que flúan no texto apenas unhas verbas, un bosquexo.

A escribir apréndese escribindo e a arar, arando di Manolo Rivas.

Un pintor ante o seu lenzo en branco non ten nada, cando xa manchou a súa paleta de cor e timidamente con ela o seu pano, prodúcese o milagre: Xa conseguiu a metade do cadro.


Outros artigos

Segredos poéticos - O poeta como un pequeno Deus


A poesía é unha porta a través da cal podemos tocar, escoitar, ver, ulir e degustar sen necesidade de intermediarios nin obxectos tanxibles.
Para chegar a esa creación, debemos traballar as verbas e as súas fórmulas, con elas profundizamos nos sentidos, nas emocións, mobilizando así o pensamento e inquietando a alma, sin que para iso coloquemos límites, portas ou fronteiras; pero si buscando o vocábulo exacto en cada verso, en cada estrofa.

A sensibilidade do poeta convértese na bandeira do propio poema, sendo o seu sinal de identidade e ao mesmo tempo, forxándoo de universalidade.


Outros artigos relacionados:

-
O poeta como un pequeño Deus
-Consellos para converterse en escritor
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...