martes, 9 de noviembre de 2010
Xogar coas verbas - O poeta como un pequeno Deus
As verbas son en realidade o poema. O feito de que este teña un estilo determinado recae na nosa sensibilidade e o noso gusto.
"As verbas son bicos" e teñen un significado diferente, segundo onde e a quen se bique.
Non debemos escoller á primeira verba fermosa que nos veña á cabeza, o tan indiscutiblemente bonito, algunhas veces faise demasiado doce e mesmo en moitos casos ridículo.
Di o grilo: Deixade á lúa e ás estrelas en paz, ditosos poetas e buscade entre os entullos, alí encontraredes realmente a beleza dos vosos poemas, se a encontrades seredes grandes.
As verbas son moito máis que verbas e na breve duración do seu son, CABE TODO UN BOSQUE
Outros artigos:
-Segredos poéticos
-A creación poética
-Deixar fluir
-Cortar
lunes, 8 de noviembre de 2010
Cortar- O poeta como un pequeno Deus
Para non caer na prosa poética, debemos controlar os impulsos de explicar e mostrar, cando o que realmente busca o poema é esconder e suxerir.
Algúns trazos propios da poesía son:
-Imposibilidade de tradución
-Ritmo e melodía
-Carga métrica
-Imaxes, metáforas
-Un estilo determinado
Verbas que subxacen tras as verbas. Quen non viu algunha vez voar aos paxaros de barro?
Da síntese á tensión creativa existe unha pequena fronteira que facendo funcionar nosa sensibilidade, non debemos deixar traspasar.
O proceso comeza eliminando aquilo que sobra:
-O que redunda sobre a mesma idea
-O que non di nada
-O que é obvio
Outras entradas que che poden interesar:
-Segredos poéticos
-A creación poética
-Deixar fluir
-O poeta como un pequeno deus
sábado, 6 de noviembre de 2010
Deixar fluir - O poeta como un pequeno Deus
Nun primeiro momento unha ou varias verbas cóansenos como pedindo paso, as demais debemos deixar que flúan por si mesmas sen poñer trabas.
Non debe importar como soen nin se realmente nos conveñen. Deixando atrás as conviccións de cada un o proceso será máis creativo.
Nese intre de inundación e desbordamento, non debemos buscar unha orde, o propio caos pode xerar constelacións perfectas, o momento da revisión virá logo.
As primeiras palabras dun poema danas os deuses e as demais o traballo. Aquí entra o oficio do escritor.
Outros artigos
- O poeta como un pequeno Deus- Segredos poéticos
- A creación poética
- A foto ben merece un haiku
viernes, 5 de noviembre de 2010
A creación poética - O poeta como un pequeno Deus
Nada pode explicar que nos leva a crear un poema. O certo é que un faino porque anteriormente tivo a necesidade de transmitir o que habitaba no seu interior.
Ese mundo interno que busca saír, debe romper os obstáculos e medos que xenera o mundo externo. Ser valente, decidido e deixar que flúan no texto apenas unhas verbas, un bosquexo.
A escribir apréndese escribindo e a arar, arando di Manolo Rivas.
Un pintor ante o seu lenzo en branco non ten nada, cando xa manchou a súa paleta de cor e timidamente con ela o seu pano, prodúcese o milagre: Xa conseguiu a metade do cadro.
Outros artigos
Segredos poéticos - O poeta como un pequeno Deus
A poesía é unha porta a través da cal podemos tocar, escoitar, ver, ulir e degustar sen necesidade de intermediarios nin obxectos tanxibles.
Para chegar a esa creación, debemos traballar as verbas e as súas fórmulas, con elas profundizamos nos sentidos, nas emocións, mobilizando así o pensamento e inquietando a alma, sin que para iso coloquemos límites, portas ou fronteiras; pero si buscando o vocábulo exacto en cada verso, en cada estrofa.
A sensibilidade do poeta convértese na bandeira do propio poema, sendo o seu sinal de identidade e ao mesmo tempo, forxándoo de universalidade.
Outros artigos relacionados:
-O poeta como un pequeño Deus
-Consellos para converterse en escritor
martes, 26 de octubre de 2010
O Poeta como un pequeno Deus
En primeiro lugar, a poesía carece de límites e obstínase no xogo. Pero esixe verbas exactas e un rosario de emocións intrínsecas co seu creador.
Non existen condicións para que goste a todos, nin en todos os tempos.
Cada poema é único e se queremos definir a poesía, sería como querer definir cada poema, cada creador ou cada lector. POEMA-POETA-LECTOR son como un todo.
Cada poema é único e se queremos definir a poesía, sería como querer definir cada poema, cada creador ou cada lector. POEMA-POETA-LECTOR son como un todo.
Non se pode definir o poema perfecto, o "todo", pero pódese intentar que sí o sexa:
Cando alerta os sentidos.
Cando fai sentir a felicidade.
Cando é emocionante.
Cando mobiliza o pensamento.
Cando suxire sen explicar.
Cando xeneraliza e non se cingue a algo concreto.
Cando comparte.
"¡POR QUE CANTADES Á LÚA, OH POETAS!. Deixade que ela alume o voso poema.
Pode que che interesen estes artigos
¿Qué facer coas sementes do acivro?
Unha vez recollidas as sementes, deben meterse nunha mestura de area con terra de sementeira e deixalas nun lugar bioloxicamente axeitado, isto é, húmido e frío. Un lugar semellante a onde naceron outros espontáneamente. Despois, xa a propia natureza nos mostra cal é o mellor momento para que as bagas que sementamos e agochamos dos paxaros e roedores, xerminen.
Se este proceso o facemos en tarros ou bandexas e unha vez transcurrido o período de xerminación, un ano aproximadamente, teremos uns plantones que crecerán moi lentamente, neste punto é cando debemos transplantalos ao lugar que teñamos escollido. Feliz sotobosque.
Pode que che gusten estos outros temas
sábado, 23 de octubre de 2010
Propostas para a portada do libro.
viernes, 22 de octubre de 2010
Bagas de acivro para o discurso do bosque
Hoxe, ben entrado o outono, recollín máis de duas centas bagas de acibo. Agora gardeinas nun lugar seco e a baixa temperatura, uns catro grados. Para a primaveira penso plantalos en pequenas macetas. Paciencia precisarei, poderían tardar varios anos en xerminar, teño que coidalos e regalos cando o precisan.
Como todas as cousas realmente valiosas, no se obteñen rápida e doadamente, o seu desenrolo e lento. Si son capaz, podería conseguir calquera cousa que me propoña e este será o primero agasallo do meu árbore. O DISCURSO DO BOSQUE.
Como todas as cousas realmente valiosas, no se obteñen rápida e doadamente, o seu desenrolo e lento. Si son capaz, podería conseguir calquera cousa que me propoña e este será o primero agasallo do meu árbore. O DISCURSO DO BOSQUE.
Consellos para converterse en escritor
Dúas cousas, desexalo e saber escribir. Todos sabedes escribir e aínda que non o creades, todos tedes algo que contar.
Pero claro, hai que querer contalo. A min non me apetece escalar montañas, pero creo que adestrándome, e se realmente o desexase, podería…. Aínda que fosen montes.
Para os que desexan ser escritores, unhas ideas.
Para ser mestre, tes que preparar unha oposición.
Para ser avogado, dereito romano e máis dereito.
Piloto de avión? Sen rodeos: voar.
Para ser médico, medicina e facer a especialidade.
Para ser escritor, saber escribir e querer contar.
Para ser poeta, todo o anterior e engadirlle maxia.
¡Doado non sí!.
Pero claro, hai que querer contalo. A min non me apetece escalar montañas, pero creo que adestrándome, e se realmente o desexase, podería…. Aínda que fosen montes.
Para os que desexan ser escritores, unhas ideas.
Para ser mestre, tes que preparar unha oposición.
Para ser avogado, dereito romano e máis dereito.
Piloto de avión? Sen rodeos: voar.
Para ser médico, medicina e facer a especialidade.
Para ser escritor, saber escribir e querer contar.
Para ser poeta, todo o anterior e engadirlle maxia.
¡Doado non sí!.
domingo, 17 de octubre de 2010
Haiku
Este Haiku, dedicao Mayte Freire a foto de Benito Juncal: unha gota no fin da rama xoven do binbieiro.
"O son da vida
esvara no outono
onde os bimbieiros" (Mayte Freire)
Nota: Os demais tamen podedes participar. Que non vos de vergoña, si non terei que organizar un concurso.
"O son da vida
esvara no outono
onde os bimbieiros" (Mayte Freire)
Nota: Os demais tamen podedes participar. Que non vos de vergoña, si non terei que organizar un concurso.
Tipos de incendios
Segundo o estado do monte por onde se propaga o lume, temos tres tipos de incendios:
Incendio de superficie, nel queimase o soto e o matorral. Suele ser o comezo doutros incendios.
Incendio de copas ou coroas: propagase a través das copas das árbores, son os mais virulentos xa que o vento sopla con forza nas alturas.
Incendios de subsuelo: son os que se propagan baixo a superficie, avanzan queimando a materia orgánica seca e as raíces, pero non arde de maneira apreciable, faino sin facer lapas e sen botar fume. De propagación lenta, suelen ser o inicio doutros tipos de incendios.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




