lunes, 13 de diciembre de 2010

POEMA DE BLOGEROS

    A VIDA EN CONTRUCIÓN

Acariño o envés das túas follas durmidas,
e acocho a miña pel nás túa dobras
con ás de poeirenta avelaiña
espallo aloumiños nas túas sombras.
Durme o teu sono no berce quedo
que o veludo da noite arroupa
e, entre doces cantos e silencios,
déixote soñar co esplendor da aurora.
Canto eu, fundida nos teus lenzos
cancións sen rimas nin estrofas
e temo que, amándonos, nos esperte o día,
coa pegada la túa luz que no meu blog se cola.

Son estas parvadas que penso e me avergoñan,
sinto a treboada tras os recunchos da alma.
Chegarémos a ser só un alentó?
Porque o tempo non existe de par da auga
mentres un cabalo salvaxe desbocado
galopa nas miñas íntimas lembranzas
rachando sortilexios do que nunca fomos…
Chegaremos a ser só esperanza?



Autores de este poema:
Fernando Sancho
Concha López
Zeltia
Lira Sierra
Paidelelo
María
Maribel-bel
Mari Carmen Gago
O Raposo
Bola8
Chousa de Alcandra

Gracias a todos por aportar os quebradeiros e o alento.

4 comentarios:

  1. Zeltia?
    eu o único que podo aportar é a miña admiración.

    A ver se no próximo exercicio son capaz de ver algo máis dos camiños polos que circulades para chegar a tan bo refuxio!

    ResponderEliminar
  2. Non Zeltia, a admiracion poñoa eu para todos vos :)

    Fermoso!

    ResponderEliminar
  3. Estou abraiada. Gustoume moito. Foi o xogo do "cadáver exquisito?
    De todos os xeitos parabens a todos

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...