viernes, 17 de diciembre de 2010

PALABRAS E ARANDOS


No acto de hoxe a miña amiga Mayte Freire presentou o libro do escritor Raúl Calvo titulado: “Sueño de Libertad”.
Dito acto, suxeriume este poema que hoxe e un bosquexo. O próximo luns tentarei de levalo o taller, e alí, a saber o que farán con el.    

PALABRAS Y ARANDOS

Existen palabras superpostas
que xogan o agocho no andel,
elas escapan os acentos
e nas noites de luar
bulen tras os soños dos meniños.
Existen arandos
que no seu latexar,
maduran en azuis imposibles
e apaixónanse en tons vermellos
cos que tinguir o azucre e os bicos.
Pero hoxe é dezasete de decembro
ó día do triunfo das meigas brancas,
na súa éxtase
leron conxuros para nos levar
a cidade de Hagia Sophia
e fundir os nosos pes na area do Atlas.
Existen palabras e arandos
nos beizos dunha muller.

IMG_0744.jpg

4 comentarios:

  1. quen sabe, igual son eu unha desas palabras superpostas que durmen nos soños dos meniños.
    pero mellor estar en Estambul comendo arandos azuis.

    xa nos contarás que sae do taller de poesía o luns

    ResponderEliminar
  2. Muchas gracias.
    Felices fiestas para ti también.

    Saludos.

    ResponderEliminar
  3. Sensibilidad y belleza, con un final exquisito.


    Un saludo Fernando

    ResponderEliminar
  4. Non sei que farán no taller coas palabras superpostas e os arandos maduros, mais eu xa os gocei.
    Saúdos.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...