Fai mes e medio que escomenzei a prepararme para facer O Camiño de Santiago. Esta preparación leva implícito amansar as botas, acostumarse a mochila, e preparar ou corpo camiñando. Estas camiñatas levaronme a descubrir lugares e paraisos sen parangón. Como os que aquí vos agasallo con duas fotos do Sendeiro Frei Martín Sarmiento.
Toda un luxo poder camiñar por unha auténtica Calzada Romana, cruzar o Río dos Castros (que se acaba chamando Lérez) pola ponche de San Antón, e todo a través desas únicas e fermosas corredoiras feitas por labregos que loitaron para sobrevivir nestes fermosos paraxes.
Quero dar as grazas o Concello de Cotobade por ter a ruta ben coidada (pasei ou día despois de que os rapazes dás rozadoras deixaran todo arranxado para un camiñante novato coma mín).
E tamén agradecer o firmamento por alienar as estrelas necesarias para que u ceo azul con algunha nube, luz dá mañá, os cantos dos paxáros que competían co dás augas, fixeran posible que eu pasase un grandioso día.
Ía pensar, e non poiden pensar en nada. A ruta faise en tres horas e a mín levoume cinco, xa que tiña que parar continuamente para volver atrás e gozar desas visións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario