sábado, 9 de julio de 2011

Encontro de Poetas na Rúa- Ourense

O pasado 25 de Xuño, tiven o pracer de participar no XXV Encontro de Poetas que ten lugar na Rúa invitado pola miña compañeira de taller Mari Carmen Gago Florenti, coordinadora do evento que organiza o Instituto de Estudios Valdeorreses.

A travesía hasta chegar o encontro foi un tanto aventureira, pero prefiro non entrar en detalles, só vou decir que estábamos a 40º, e alí, 50 poetas mortos de calor desexabámos brindar coas metáforas, xogar coas antítesis, rir coas onomatopeias...a ilusión posta nas palabras, nos versos, nas rimas asoantes ou consoantes que bordaban os poemas, un tras outro, a maxia das imáxenes espíase para amosar a creatividade dun momento fugaz que se pousaba nos beizos como unha leve brisa facendo tremar e vagar por desexos que cada quen era libre de imaxinar.

E chegou o momento de presentar o barco que navega polas indomables augas do mundo "editorial",( por decilo de algunha maneira), e xunto coa poeta Mayte Freire, explicamos cal era a nosa ruta, o noso fin, chegar a todos esos escritores que cada día se atopan coa difícil tarea de promocionar un libro. 

Ali na Rúa, nun ambiente relaxado, entre amigos, compañeiros, poetas, presentamos PALABRAS E ARANDOS que pouquiño a pouco vai surcando os mares das palabras e a suas difíles connotacións mesturándose co sabor dos arándos.

Foi unha experiencia do máis gratificante. Diría que non foi só un encontro de poetas, alí estreitamos lazos, e creo, polo menos pola miña parte que son máis amigo que ayer...


                                  No Encontro con algunha das compañeiras de taller de Pontevedra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...