domingo, 20 de febrero de 2011

CAMELIAS

Eu sempre tentei atopar unha historia poética de como chegaron a Galicia as camélias. Imaxinei os barcos que navegaban a ruta entre a China e os Países Baixos, en caravanas de seda, en mariñeiros namorados polo seu exotismo. Buscaba esas outras opcións, porque a versión oficial é moito máis aburrida para a flor que aquí florece no inverno.

Nota: esta flor topeina oxe no xardín do doutor Marescot, frente a Bellas Artes en Pontevedra.

3 comentarios:

  1. Hoxe fixeime que a camelia rosa da casa de miña nai está esplendorosa. Sempre quixen o mesmo: cando morra, que esparzan as miñas cinsas ao pé do camelio. E a dicir verdade, nunca se me ocorrira pensar de onde veu tan magnífica árbore. Igual un día me poño a investigalo. Ou non. Son moi preguiceira.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Sempre gostei dos camelios, na casa da miña avoa debemos ter uns 15. As súas flores alegran ao inverno!

    ResponderEliminar
  3. As camelias...marabillosas, unha das miñas flores preferidas.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...