viernes, 14 de enero de 2011

QUINCE DE OUTUBRO


QUINCE DE OUTUBRO

Era quince de outubro e volvín a ti
e na túa area baleira
encontrei algas abandonadas
castelos
que unha ou outra vez
desfiguraban a marea.
Pero non me culpes
por pisar a túa area como unha gaivota
e grallar o teu nome nas espadas do vento.
Por escavar buratos profundos
para verte sorrir.
Por preparar redes iracundas
nas que pescarche
como un peixe que soña durmido
e berrar o teu nome
caer.
Era quince de outubro e aínda non era tarde.


Nota: a foto dos meus pes foi tomada o 17 na praia Limens (Cangas). Agora con 5º xa non sei.
O poema e dedicado a cando xogaba con a miña nena Silvia na praia, agora está lonxe o o ver isto vai chorar.
Pero a grandeza da poesía e que cada quen pode interpretar o seus sentimentos e verse represenntado . Pode valer para a miña filla, para a miña muller Bea, ou para a propia praia de Limens.

5 comentarios:

  1. A maxia da poesía é esa, miles de interpretacións distintas, xogar o teatro da vida. Gustoume moito o poema. Unha aperta

    ResponderEliminar
  2. Chorará a túa filla de lembranzas e de agarimo por os fermosos versos e o amor contido.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  3. Lin a nota despois dos versos e tiven que volver a lelos. E volvéronme gustar.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  4. Gracias, papo, no paro de leerlo.
    Se te olvidó nombrar las algas en las ramitas y el foso de los cocodrilos

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...