miércoles, 26 de enero de 2011

CANARIAS

Amence nas illas africanas
pola mesma latitude que a tumba de Zoser.
Saio á alba
para mercar matices
e ruxidos de leóns en relevo.
O meu sangue bole, axítase,
xermino versos azuis.
Estraño o frío das miñas mañás
porque aquí
desoriéntase o inverno
á hora en que as sombras
déixante durmida
no hotel.

3 comentarios:

  1. E tanto que se debe desorientar! Aquí tamén andou algo desorientado ata hai unha semana, pero agora arrecia de novo, coma de costume, con xeadas e airexas ferintes.
    Pero, que sería de nós sen as mñanaciñas frías de xaneiro?

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Que ben se anda perdido por terras cálidas !.
    Mui bo El Manisero.

    ResponderEliminar
  3. Amín tamén gustame despertar e mirar o ceu azul, ver as ondas do mar e estar contigo

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...