domingo, 9 de enero de 2011

ACEVO, ACRIVO OU XARDÓN

Despois da poda dos acivros, estou a plantar as sementes e as ramas. Dúas maneiras de reproducir trescentos exemplares. Se chegan claro.
As sementes tardarán dous anos en asomar os grelos.
Ás podallas saqueilles follas ata que quedaron dous ou tres, agora tócalle a quenda ao enraizador e ás hormonas para as raíces.




3 comentarios:

  1. cantos coñecementos hai que ter para axudar á natureza a reproducirse!
    A aciveira é unha árbore que me encanta, de cativa parecíame preciosa coas súas follas brillantes e as súas baias... e despois xa a cingo sempre coa imaxe do nadal... debe ser polas postais...

    ResponderEliminar
  2. Eu tamen a relacionei sempre co nadal e as postais cheiñas de follas de acebo cubertas de neve :)

    Bicos

    ResponderEliminar
  3. O nadal e moi fermoso pero para certas especies que viven de bagas ou de acrivos, pasar sin eles non e doado. Tentarei meter una foto das famosas bagas.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...