Mostrando entradas con la etiqueta lixo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lixo. Mostrar todas las entradas

lunes, 27 de septiembre de 2010

Vaipolorío

Rio Loira

Na década dos setenta, cando se comezaban a ver os primeiros furgóns pintados con margaridas, a miña tía Carme tiraba as bolsas do lixo no leito do río.

A mediados dos oitenta, cruzar pola Ponte Nova sen deixar de respirar era unha misión ben difícil. Daquela, xa non se miraban as bolsas do lixo flotando por aquí e por acolá, pero os colectores invisibles facían os seus estragos.

Nos noventa, son os propios veciños, os que se levantan contra o deterioro do seu río a golpe de botas, guantes e denuncias nos xulgados.

As forzas culturais, políticas e naturistas desta cidade, levan o rumbo correcto cara a unha mellora do medio que han de herdar as xeracións vindeiras.

VAIPOLORÍO

Alá vai o mundo
con barba de días,
vai apoiado nese bastón
feito de lixo,
de sombras amarelas
e de espanto.

Xa non quere saber,
queimou os ollos
e como Saturno
comería os fillos.

Pero desta vez,
desta vez
volveron as lontras
prenderon os estripeiros
e quince homes
e quince meses
deron de limpar un río.

Oes,
limparon un río,
xa non está todo estragado
xa hai esperanza
se queres:
VAIPOLORÍO.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...