INAUGURACIÓN 18:30h en Al Parlamento Bar - Cannregio, Fondamenta Savorgnan (entre el ponte delle Guglie y puente dei tre archi)
Trinta e cinco acuarelas contan a experiencia dun ano de vida do artista na cidade de Venecia.
Unha viaxe que levou ao descubrimento dun lugar máxico onde impresionantes arquitecturas, espazos e atmosferas son parte da sensibilidade persoal e se materializa, con xesto expresionista, no papel.
Venecia convértese nun grande espello, onde as canles, rúas, teitos e aberturas parecen ser reflectidos a través dunha lousa lixeiramente deformada.
O escenario que emerxe é máis próximo a unha ilustración habitable, un pouco reale e moi imaxinario, onde quen ama este lugar pode atopar sentimentos coñecidos. Silvia Sancho
Alégrome pola viaxe, polo motivo da viaxe e deséxolle éxito coas súas pinturas. A acuarela non é unha técnica precisamente doada, pero é impresionante o resultado. Parabéns!
ResponderEliminarUn bico.
mágoa nom poder ir ve-las, seria umha excussa magnífica para visitar venecia :(
ResponderEliminar