lunes, 10 de noviembre de 2014

LIBRARÍA PAZ

Mañá martes 11 de Novembro as 19 horas presentamos "O DISCURSO DO BOSQUE" na LIBRARÍA PAZ de esta nosa cidade do LEREZ e do GAFOS e tamén para o noso pesar das industrias que conviven neste fermoso entorno. Con cada exemplar regalo un PIÑEIRO MARIÑEIRO, que si ben no e o maís axeitado, e imprescindible para o planeta.

domingo, 6 de abril de 2014

CAMIÑANDO POLA MAXÍA

Fai mes e medio que escomenzei a prepararme para facer O Camiño de Santiago. Esta preparación leva implícito amansar as botas, acostumarse a mochila, e preparar ou corpo camiñando. Estas camiñatas levaronme a descubrir lugares e paraisos sen parangón. Como os que aquí vos agasallo con duas fotos do Sendeiro Frei Martín Sarmiento. Toda un luxo poder camiñar por unha auténtica Calzada Romana, cruzar o Río dos Castros (que se acaba chamando Lérez) pola ponche de San Antón, e todo a través desas únicas e fermosas corredoiras feitas por labregos que loitaron para sobrevivir nestes fermosos paraxes. Quero dar as grazas o Concello de Cotobade por ter a ruta ben coidada (pasei ou día despois de que os rapazes dás rozadoras deixaran todo arranxado para un camiñante novato coma mín). E tamén agradecer o firmamento por alienar as estrelas necesarias para que u ceo azul con algunha nube, luz dá mañá, os cantos dos paxáros que competían co dás augas, fixeran posible que eu pasase un grandioso día. Ía pensar, e non poiden pensar en nada. A ruta faise en tres horas e a mín levoume cinco, xa que tiña que parar continuamente para volver atrás e gozar desas visións.





viernes, 12 de octubre de 2012


 
Todo saíu moi ben. A sala encheuse de público desexoso de escoitar os sons do bosque das mans de Pepy Clavijo que presentou ao autor, de Mayte Freire que fixo lectura dun fermoso preámbulo onde se luciu como boa prosista, e Eva Rodiguez, que nos regalou a lectura do documento que o Indio Seatle enviou ao Presidente dos EUA en 1.854. Para finalizar o acto Fernando Sancho defendeu a importancia do seu libro e a humildade con que tratou de levalo a bo fin. Por último fixo lectura de varios dos versículos que compoñen
"O discurso do bosque"

 

sábado, 22 de septiembre de 2012

 
 
 
 
AMIGOS, O PROXIMO VIERNES PRESENTAREI O LIBRO SEGÚN REZA NO CARTEL
 
 
 
 
 

lunes, 3 de septiembre de 2012


O DISCURSO DO BOSQUE


Hola a todos, despois dun ano volvo retoma O DISCURSO DO BOSQUE xa que por fin o libro vai poder ver a luz. Agora e o momento de tentar que tome forma e vexa a luz. Para o mes de septembro teño pensado facer os actos para presentalo e mais agasallar co acivro que podedes poñer na vosa vida e na do bosque nunha loita entre o individuo e o anel de opresión mundial que nos tenta afogar. Gracias a todos os que seguides este blog e xa vos manterei informados dos proximos actos, das plantacións e demais proxectos para o futuro.

Agasallo "pon un acivro na tua vida e na do bosque" ACIVRO 


viernes, 29 de julio de 2011

RECENDO

Á hora das gaivotas, nese intre en que o sol tarda uns segundos en desaparecer tras as montañas que percorremos da man, queda un momento para pensar.
Non todo é triste e desvastador, a vida é así, como a vemos, como a agarramos coas mans de ter acariciado un amante, coas mans de apertar a terra.
Recollerei os meus trebellos e volverei sobre os meus pasos a editar por min mesmo, xa que o bosque me esperta cada día. O discurso é un corazón incipiente que desexa ser revelado, unha lanza, un trilo, un murmurio na auga da follas de bidueiro que ninguén mollou.

sábado, 9 de julio de 2011

Encontro de Poetas na Rúa- Ourense

O pasado 25 de Xuño, tiven o pracer de participar no XXV Encontro de Poetas que ten lugar na Rúa invitado pola miña compañeira de taller Mari Carmen Gago Florenti, coordinadora do evento que organiza o Instituto de Estudios Valdeorreses.

A travesía hasta chegar o encontro foi un tanto aventureira, pero prefiro non entrar en detalles, só vou decir que estábamos a 40º, e alí, 50 poetas mortos de calor desexabámos brindar coas metáforas, xogar coas antítesis, rir coas onomatopeias...a ilusión posta nas palabras, nos versos, nas rimas asoantes ou consoantes que bordaban os poemas, un tras outro, a maxia das imáxenes espíase para amosar a creatividade dun momento fugaz que se pousaba nos beizos como unha leve brisa facendo tremar e vagar por desexos que cada quen era libre de imaxinar.

E chegou o momento de presentar o barco que navega polas indomables augas do mundo "editorial",( por decilo de algunha maneira), e xunto coa poeta Mayte Freire, explicamos cal era a nosa ruta, o noso fin, chegar a todos esos escritores que cada día se atopan coa difícil tarea de promocionar un libro. 

Ali na Rúa, nun ambiente relaxado, entre amigos, compañeiros, poetas, presentamos PALABRAS E ARANDOS que pouquiño a pouco vai surcando os mares das palabras e a suas difíles connotacións mesturándose co sabor dos arándos.

Foi unha experiencia do máis gratificante. Diría que non foi só un encontro de poetas, alí estreitamos lazos, e creo, polo menos pola miña parte que son máis amigo que ayer...


                                  No Encontro con algunha das compañeiras de taller de Pontevedra.

domingo, 3 de julio de 2011

RECHAZO DA EDITORIAL

Benquerio señor Sancho:

Velaquí lle remito o seu orixinal "O discurso de bosque", agradecéndolle que nos confiase a súa lectura.

Moi cordialmente,              (ilexible).

Remito os meus seguidores espectantes da saída a luz do meu poemario "O discurso do bosque" a carta cordial na que son rechazado por una editorial.

Por un lado non me esperaba que mo fosen publicar, xa que non teño no meu haber ningún premio, nin son coñecido.
Por outro lado, como sabedes os amantes da literatura e especialmente da poesía, temos a gran virtude que e un xenero que non vende. Digo virtude porque eso fainos libres.

Agora ben. Volverei a enviar os poemas a outra ou quizas a algún premio.  Xa vos terei informados.

Saudos e gracias por estar ahí.

As sementes xa están a xerminar
na miña braña de bidueiras.

domingo, 19 de junio de 2011

Xa naceu PALABRAS E ARANDOS

Como xa sabedes, este venres pasado presentamos PALABRAS Y ARANDOS. Quero dar as grazas a todos, tanto ós que estivestes alí como os que nos acompañáchedes no pensamento. A xente disfrutou e pasamos un momento moi agradable, cunha madriña de excepción FINA CASALDERREY
Aquí vos deixo unha pequena mostriña do que alí aconteceu.
E si queredes sumerxirvos na maxia das palabras e na dulzura dos arandos, non deixedes de visitar
http://www.palabrasyarandanos.com/









miércoles, 15 de junio de 2011

Presentación de la Librería virtual Palabras y Arándanos

Los coordinadores de PALABRAS Y ARÁNDANOS, Fernando Sancho y Mayte Freire, tienen el placer de invitarle


Presentación de la librería virtual
PALABRAS Y ARÁNDANOS
Amadrina el evento FINA CASALDERREY


En el Centro Social de NOVACAIXAGALICIA, 4ª planta.
c/ Augusto González Besada, 3-15, 36001 Pontevedra.
El día  17 de junio, a las 20:00h


viernes, 27 de mayo de 2011

MANUEL JABOIS

O escritor e xornalista, Manuel Jabois (Sanxenxo, 1978), presentado o mércores no Café Moderno seu novo libro, "Irse a  Madrid e outras novas." No evento, que comezará á 20:30, estarán presentes Xaime Toxo (presidente do Ateneo), Ramón Rozas, Toño Lijó e do propio autor. Gañador do prestixioso Premio Nacional de Xornalismo 2003 Julio Camba e autor da novela "Unha estación violenta"  (Morgante, 2008), Manuel Jabois presenta a súa segunda publicación da man da editoril Riojana "Pepitas de Calabaza". Contén unha selección das súas columnas escritas entre 2009 e 2011 e publicada no Diario de Pontevedra.

sábado, 7 de mayo de 2011

PRESENTACIÓN DE NOVOS VALORES POÉTICOS

Discurso de Presentación (en castelán)
 
Buenas tardes a todos y gracias por acompañarnos en este acto organizado por LA REPÚBLICA DE LAS LETRAS.
 
Mi nombre es Fernando Sancho y hoy tengo el honor de presentarles a CARLOS PEREIRA, AINARA VALLE Y ÁNGELES RODRIGUEZ , autores NOVELES de sus respectivos POEMARIOS editados por EL TALLER DEL POETA que dirige nuestro amigo Fernando Luis Pérez Poza. También nuestros agradecimientos a la entidad NOVACAIXAGALICIA por la cesión de este auditorio y su apoyo a este tipo de eventos culturales.
 
Abrimos este acto con la presentación de la obra “A QUIÉN EXPLICACIONES ME PIDE” de CARLOS PEREIRA. Sobre Carlos permítanme que les lea una pequeña reseña de dicho autor, que nos dará una idea de su autenticidad.
 
Mi primer libro fue "Gullivert en Lilliput", y mi primer apasionamiento literario fue escribir al dictado a lo largo de todo un curso de primaria "Platero y yo". Pero sólo en la adolescencia empecé a emborronar folios con relatos y poesías, y así seguí con mayor o menor dedicación hasta hoy en día. Mientras tanto obtuve la licenciatura de veterinaria, siendo en la actualidad Inspector de Saúde Pública. También he trabajado durante diez años en una clínica veterinaria en Portugal. Pertenezco al grupo literario "Formas Difusas" de Vigo y colaboro en diversas webs literarias. Otra faceta que intento desarrollar es la fotografía, afición que tengo desde hace algunos años.
 
Como podrán comprobar con la lectura que hará Carlos de sus poemas, estos son rotundos, bien estructurados y con una fuerte carga metafórica
 
 
Con nosotros, amenizando esta tarde, el grupo “Catro por Catro” que nos deleitará con sus saxofones y su música, la pieza--------------------
 
Seguidamente  nos vamos a introducir en el mundo de AINARA VALLE DÍAZ.  Nació Airana en Villalba (Lugo) en 1987. Versada en las artes pláticas se interna con este libro en el mundo de la poesía con la selección de sus poemas.
Semifinalista en el concurso “años maduros” del Centro de estudios poéticos; esta joven villalbina estudiante de la Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, postergó ligeramente su andadura en las artes pláticas a favor de la poesía lírica, a través de la cuál muestra su verdadera pasión, dotando a sus poemas de una fuerte carga sentimental. Es por ello que esta colección de poemas, harán las delicias de todo apasionado de dicho género.
 
Hoy AINARA nos presenta su libro “CANTOS DE SIRENA” y como bien nos dice Lorena Reboreda en el prólogo, la autora nos deja entrever una parte de su alma y de su pensamiento, como si este fuese un salvoconducto a su mundo privado de sensaciones que en espiral juegan sin principio ni fin.
        
 
El grupo “Catro por Catro” nos envolverá con otra pieza--------------- "buenisimos"
 
 
Ahora es el turno de Ángeles Rodríguez González, Monfortina, es comadrona y enfermera de pediatría. Hoy nos presenta su libro Cuentos y poemas del universo para ti , con el que se estrena como autora literaria. El libro, firmado con el seudónimo de Anadia,  topónimo portugués relacionado con las fuentes y las aguas primigenias.
Dice Ángeles que tanto los poemas como los cuentos de su libro, pretenden honrar a las mujeres con las que lleva trabajando muchos años. Una parte del libro está inspirado en vivencias con su madre y otras mujeres de Monforte a las que  llama «magnolias de acero». Le gustaría que alguien pudiera llevar sus vidas a la leyenda y a la literatura. El libro también está influido por el contacto que tuvo en los últimos años con las parteras indígenas de México, que tienen muchos conocimientos sobre las hierbas medicinales y el mundo natural. Le parecen mujeres fuertes como jaguares, pero al mismo tiempo muy tiernas. Ellas la llevaron a contactar con una parte de la naturaleza con la que no tenía costumbre de involucrarse.
En este libro que hoy nos presenta, percibimos una carga de los anhelos que la autora ha tenido a lo largo de su vida, un sueño hecho realidad: Sus poemas, sus cuentos, sus dibujos; en ellos su familia, amigos y hasta su gato Argos.
Cierre. gracias de nuevo a todos por arropar con su presencia a estos escritores, esperando que este acto sencillo haya sido de su agrado. Gracias.

martes, 19 de abril de 2011

DE VIAXE POR VENEZIA





De viaxe por Venezía visitando a fermosa cidade e asistinda a inauguración da exposición "DELIRIUM EN VENEZIA" con acuarelas da mia filla Silvia.

INAUGURACIÓN 18:30h en Al Parlamento Bar - Cannregio, Fondamenta Savorgnan (entre el ponte delle Guglie y puente dei tre archi)




Trinta e cinco acuarelas contan a experiencia dun ano de vida do artista na cidade de Venecia.
Unha viaxe que levou ao descubrimento dun lugar máxico onde impresionantes arquitecturas, espazos e atmosferas son parte da sensibilidade persoal e se materializa, con xesto expresionista, no papel.
Venecia convértese nun grande espello, onde as canles, rúas, teitos e aberturas parecen ser reflectidos a través dunha lousa lixeiramente deformada.
O escenario que emerxe é máis próximo a unha ilustración habitable, un pouco reale e moi imaxinario, onde quen ama este lugar pode atopar sentimentos coñecidos.
  Silvia Sancho


martes, 15 de marzo de 2011

DESEÑADOR DE EXTRAÑOS

          Ao axudante 543, confiáronlle a tarefa de deseñar unha ave que fose capaz de capturar o maior número de moscas, mosquitos, formigas aladas e libélulas, no menor tempo posible, xa que estas se converteran nun grave problema para os demais animais.
        Primeiro fixo algúns esbozos, pensou nas baleas do axudante 215 que tiveran un gran éxito e causara admiración en toda a comunidade. Comezou con prototipos de gran tamaño, pero deuse conta que era desproporcionado o volume de alimentos que subministraban os insectos, co desgaste realizado para a súa captura. Non realizara ben os cálculos das achegas nutricionais do pequeno kril co das moscas e outros insectos que tiña que combater, xa que apenas proporcionaban un digno sustento.

       Pensou nunha ave máis pequena, fixouse no pelicano, que creara o 305, a súa ave, aínda que un pouco rara, convenceu a todos, xa que era moi eficaz e non tiña competencia.

       Á nova creación do super insectívoro, colocouno unha especie de gañán no seu pico, pero cando se realizaron as probas, o aire ofrecía demasiada resistencia e as súas presas pronto aprenderon a esquivala.

      Aquilo creoulle dificultades engadidas, xa que todos murmuraban ás súas costas. Con aqueles deseños tan estrafalarios -dicían: "non chegará a ningúres". Ademais, o tempo corría na sua contra, se normalmente lles levaba un ou dous meses crear unha nova especie, a el, levoulle case catro.

      Cando o gran consello, lle realizara todo o papeleo para o traslado, da súa man xurdiu unha nova liñaxe: "A andoriña".

      Unha vez que o axudante 543 creara a ave máis rápida e eficaz, esta pronto pasou todas as probas e a douscentos quilómetros por hora, capturaba máis insectos que ningunha outra ave, e como un valor engadido, desbotaba da súa dieta os insectos que eran beneficiosos para as plantas, como abellas ou avespas.

      Ninguén dubidou dos seus dotes como extraordinario inventor, enchéndoselle de agasallos e parabens, ata que os prefectos caeron na conta do engano.

      "A andoriña non podía pousarse no chan e estaba condenada a voar toda a súa vida". Simplemente para beber, tiña que facelo en pleno voo, o seu método consistía en meter milimétricamente o seu pico sobre a superficie da auga e capturar unhas gotas. Igualmente para facer o seu niño, non podían pousarse no chan para recoller paíños e folliñas como os demais paxaros. Esta adversidade, superárana con barro que extraían en canteiras e barrancos. Tamén tiñan que resolver a colocación dos elaborados niños que como punto peculiar, estes deberían estar pegados en riscos e paredes, nunha posición que ameazaba as leis da gravidade.

      Aquela adversidade, fixo que os seus superiores, nun consello extraordinario, decretasen que o axudante 543 se superara das súas funcións e rompera cos límites do naturalmente establecido. Foi renegado a mini axudante, que significaba que só podía crear bichejos.

     Foi aquí precisamente, onde adquiriu a súa gran fama, inventou os "coleópteros" unha das grandes familias de animais do noso planeta. Estas caixas con patas, entre as que se encontra o popular escaravello, o xoaniña ou o respectable cervo voante, pronto adquiriron gran notoriedade e hoxe en día, os seus deseños son copiados nas mellores películas de ficción.



domingo, 6 de marzo de 2011

SEMENTANDO PRACERES


De entre todos os elementos dun horto, o agricultor é o máis importante. Todo pode estragarse, romper ou tomarse un día libre, pero o agricultor non. Nunha pequena granxa adoitamos estar sos e debemos coidarnos como coidariamos á nosa terra. Os cultivos teñen que facerse naquel momento, as galiñas deben comer e hai que recoller os ovos, as pragas preséntanse sen avisar. Polo tanto aprendín cando é o momento de terminar a tarefa para finalizala ao día seguinte, sen caer na trampa de traballar ata que o sol ponse, acabando demasiado exhausto para gozar dos praceres que o horto póidame reportar.
Nota: Ensinando a disfrutar as novas xeracións.

domingo, 27 de febrero de 2011

CROCUS NA PRAIA DE LAGOS

A 110 kilómetros por hora non e doado atopar os primeiros crocus na area.
Hoxe por estes espazos, pasamos un bo día en pleno salvaxismo do noso mar e a fragancia das flores que dende as primeiras horas do día atoparon as abellas e os que non temos presa.

domingo, 20 de febrero de 2011

CAMELIAS

Eu sempre tentei atopar unha historia poética de como chegaron a Galicia as camélias. Imaxinei os barcos que navegaban a ruta entre a China e os Países Baixos, en caravanas de seda, en mariñeiros namorados polo seu exotismo. Buscaba esas outras opcións, porque a versión oficial é moito máis aburrida para a flor que aquí florece no inverno.

Nota: esta flor topeina oxe no xardín do doutor Marescot, frente a Bellas Artes en Pontevedra.

miércoles, 16 de febrero de 2011

O ESCRITOR COMO UN PEQUENO DEUS

A sensibilidade da escritura é adquirida cando se seguiu un proceso de familiaridade cos libros e a lectura. Cando un neno aprende a deletrear, a sílabear e a ler, pero tamén para rabiscar e facer derrames, para montar e unir a ortografía ou as letras, e en definitiva a escribir. Na adolescencia hai un interese para escribir poemas de amor. Na facultade de tomar notas e resumir. Na vida diaria ou nas actividades profesionais, somos obrigados a usar modelos, como cartas, informes, proxectos.
Mais cando é para o pracer, as cousas cambian. Teño o pracer de escribir para expresar os meus pensamentos a través dunha técnica milenaria. Escritura creativa. "O escritor como un pequeno deus".
 
Nota: Oxe as cousas van mellor que onte, arranchei os meus textos, e sinto que o arume volve as neuronas.

domingo, 13 de febrero de 2011

RELATOS POR RELATAR.

Este fin de semana non subín a miña horta a carón do regato.
Espertei con ilusión as sete e media coma sempre.
Pero desta vez foi para arrachar un relato. Os arranchos levánse mal con migo e o tempo esgotoume. Deron as dez, nos preparamos, e nos nosos silencios ficamos mirando a Praia de Bon, ela cos seus pensamentos, eu dixerindo outro relato que se me desvanece.  

Nota: a clave está na ILUSIÓN, pinchar EMILIO VARÓ e disfrutar.

PRAIA DE AREA DE BON

                                                                                                                                                                                                                                                                                                   
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...